Nasce unha arbore

Lingua e literatura4,38 KB

Tema 7. A Nova Narrativa Galega. Características, autores e obras representativas.

O fenómeno que coñecemos como Nova Narrativa Galega Orixinouse nunha época convulsa e dinámica. Sartre foi un dos escritores que Máis influíu nos autores da Nova Narrativa. Na Galicia destas décadas atópase Marcada pola ditadura franquista.O corpus da Nova Narrativa Galega (NNG) abrangue unhas vinte obras Publicadas entre 1954 e 1971. En palabras de Mª Xosé Queizán, unha das autoras, Procúrase “elaborar a novela sen tema, sen andadura lóxica, sen busca; non hai Heroe nin historia, nin anécdota”.

CARACTERÍSTICAS DA NOVA NARRATIVA GALEGA:

A) No relativo ao argumento, ao tema: abandono do Antropocentrismo, localización espacial imprecisa, ambientes urbanos, ausencia De preocupación inmediata polos conflitos do país, mestura de realidade e mundo Fantástico, situacións estrañas, opresivas e absurdas, presenza do sexo.

B) Formais: monólogo interior, distorsión temporal, Pluralidade de voces narrativas.

Xosé Luís Méndez Ferrín, autor máis destacado, a súa obra Literariacaracterízase por unha constante relación entre realidade e fantasía, Reconstrución dun pasado mítico, presenza de distintas formas de violencia, Emprego de topónimos e antropónimos sonoros, forte intertextualidade, Simboloxía persoal poderosa e recorrente.

A súa obra narrativa divídese en dous grupos:

-De 1958 ata 1970, inclúense Percival e outras Historias, O crepúsculo e as formigas e a novela Arrabaldo do Norte, inmersos na renovación estética da Nova Narrativa Galega.

-De 1970 a 1976, a realidade política galega Convértese na protagonista do seu mundo narrativo, inclúense Retorno a Tangen Ata, Elipses e outras sombras e a novela Antón e os Inocentes

Carlos Casares, outro autor que comezou coa Nova Narrativa Galega, a Súa obra divídese en dúas etapas:

-Etapa de renovación formal, inclúense o libro de Relatos Vento Ferido, e as novelas Cambio en tres e Xoguetes Para un tempo prohibido. A tres presentan o monólogo interior,as descricións obxectalistas, a liberdade de Puntuación.

-Etapa de madurez, na que abandona a experimentación Formal e céntrase nunha escrita máis realista.

María Xose Queizán, unha das súas novelas é A orella no buraco escrita Coa técnica obxectalista mediante monólogos, nela os episodios non seguen unha Orde temporal lóxica.

A súa narrativa continuarápor camiños progresistas e feministas.


Gonzalo Rodríguez Mourullo.

-Nasce un árbore, considérase como a primeira Da NNG, contén tres relatos e caracterízase polo ambiente de irrealidade, a Pluralidade de voces narrativas e a irrupción do fantástico na realidade cotiá.

-Memorias de Tains consta de oito relatos, nela Preséntasenos un mundo de pesadelo dominado polo medo e a guerra.

Descargar

PDF Word HTML