As Monarquías Autoritarias e Transformacións Económicas

Historia3,39 KB

As monarquías autoritarias

Durante a Idade Media, as monarquías feudais transformáronse en monarquías autoritarias. O seu poder impúxose á nobreza e limitou a autonomía dos municipios. Esta nova forma de organización do Estado recibe o nome de Estado moderno. A monarquía autoritaria desenvolveuse en Francia, en Inglaterra e nos reinos da Península Ibérica.

Os instrumentos da monarquía autoritaria

Os reis empregaron distintos instrumentos para reforzar o seu poder:

  • Unificaron o territorio dos seus estados, ampliándoo mediante guerras ou alianzas matrimoniais.
  • Someteron á súa autoridade a todos os poderes. Impuxéronse á alta nobreza, limitaron a autonomía dos municipios e convocaron as cortes o menos posible.
  • Melloraron a administración e o exército: fixaron a corte nunha cidade, que se converteu na capital do estado; crearon unha burocracia de funcionarios profesionais que executaban as súas ordes; estableceron impostos ordinarios, e substituíron as tropas feudais por un exército permanente, formado basicamente por mercenarios. Constituíron unha diplomacia permanente, coa finalidade de defender os intereses da monarquía e resolver os asuntos internacionais.

Os grandes estados

En Europa occidental, as dúas grandes potencias da época foron Francia e Inglaterra.

Na Península Ibérica, o estado moderno foi obra de Fernando de Aragón e Isabel de Castela, tras a unión das dúas coroas. Estenderon as súas posesións por África, América e o Mediterráneo.

No leste de Europa, tras poñer fin ao Imperio Bizantino, no século XVI, foi o que alertou á cristiandade occidental.

O príncipe de Moscova sentou as bases dun futuro imperio tras adoptar o título de tsar.

As transformacións económicas e sociais

A evolución da poboación

No século XV, a poboación recuperouse, grazas á mellora das colleitas, a desaparición da peste e a existencia dunha paz relativa. Isto provocou un crecemento da poboación de 80 a 150 millóns de persoas. O crecemento foi lento debido ás enfermidades, o atraso da medicina e a falta de hixiene.

A recuperación da economía

  • As actividades agrarias seguiron sendo maioritarias, grazas ás boas colleitas e á cavadura de novas terras.
  • A artesanía, para evitar o control dos gremios, desenvolveuse a través do traballo a domicilio. O empresario proporcionáballe ao campesiñado as materias primas e as ferramentas necesarias para elaborar o produto na súa casa, recollíao e comercializábao.
  • O comercio creceu cos descubrimentos xeográficos, que favoreceron o comercio atlántico centrado nos portos do Mar do Norte, Lisboa e Sevilla. Desenvolveuse a circulación de moeda, as letras de cambio, a banca e o crédito, e as sociedades comerciais. Iniciábase así a formación de grandes capitais do comercio.

Os cambios sociais

A sociedade seguiu sendo estamental.

  • A nobreza e o clero aceptaron o aumento do poder do rei, pero continuaron case intactos co seu poder económico e os seus privilexios.
  • A burguesía enriqueceuse co comercio, os negocios e a banca. Impúxose aos demais grupos urbanos, pequenos artesáns e comerciantes, e aos asalariados.
  • O campesiñado librouse da servidume e traballou nas súas propias terras ou como asalariado dos señores.

Descargar

PDF Word HTML