Liberalismo e Independencias: Historia de España no S. XIX
Liberalismo e Independencias no Século XIX
Liberalismo moderado vs. absolutismo
Contra o absolutismo, implantáronse gobernos liberais en 1820 en España, Portugal, Nápoles e Piemonte. Os levantamentos antiabsolutistas fracasaron.
En 1830 houbo revolucións en Bélxica, España, Portugal, Polonia, Italia (vrs.), Alemaña (vrs.) e Francia. En Francia, a destitución de Carlos X deu paso a unha monarquía constitucional, a vitoria do liberalismo moi conservador, con sufraxio censitario.
Liberalismo democrático vs. moderado
En 1848 houbo participación popular. En Francia naceu a Segunda República. En Prusia, Austria, Hungría, Alemaña e Italia implantouse o sufraxio universal masculino, pero sen outros dereitos. O movemento fracasou porque a burguesía reprimiu as protestas.
Vitoria do liberalismo e consecuencias
- A mediados do século XIX, Europa avanza cara a máis dereitos, soberanía popular, sufraxio universal masculino, abolición da servidume e constitucións.
Movementos de independencia
Os independentistas liberais lograron a independencia en América Latina (1825), Grecia (1829) e Bélxica (1839). Irlanda non o conseguiu fronte a Inglaterra.
Unificación de Italia e Alemaña (conservadores)
Italia
- Os sete estados estaban baixo dominio estranxeiro.
- Víctor Manuel II, de Saboia-Piemonte, enfrontouse a Austria.
- Garibaldi conquistou as Dúas Sicilias.
- En 1861 naceu o Reino de Italia, que anexionou tardiamente Venecia e os Estados Pontificios.
- Sistema político liberal con sufraxio censitario.
Alemaña
- Existían 39 estados, baixo a influencia de Austria.
- Guillerme I e Bismarck, desde Prusia, impulsaron a unificación.
- En 1866 Prusia enfrontouse a Austria e unificou o norte.
- En 1870 Prusia enfrontouse a Francia e unificou o sur.
- En 1871 naceu o Imperio Alemán, un estado federal con sufraxio universal masculino, constitucional e o máis forte de Europa.
Inicio da crise política
Carlos IV
O reinado de Carlos IV durou corenta anos e estivo marcado pola Revolución Francesa, que se propagou a España. O temor provocou o peche das fronteiras, o fin das reformas ilustradas e a declaración de guerra a Francia tras a execución de Luis XVI en 1793.
Manuel Godoy, primeiro ministro de Carlos IV, asinou a Paz de Basilea en 1795. Os franceses invadiron o País Vasco e Navarra. En 1807, o Tratado de Fontainebleau pactou entre Godoy e Napoleón a invasión e o reparto de Portugal, pero Napoleón quería invadir tamén España.
O Motín de Aranjuez (1808) provocou a caída de Godoy e a abdicación de Carlos IV, a favor de Fernando VII. Napoleón cedeu o trono ao seu irmán José Bonaparte.
Guerra da Independencia (1808-1814)
Os franceses ocuparon Madrid. O 2 de maio de 1808 o pobo levantouse contra eles. Formáronse tres grupos ideolóxicos:
- Afrancesados: apoiaban a José I Bonaparte.
- Absolutistas: apoiaban a Fernando VII.
- Liberais: defendían a Constitución.
Crearonse as Xuntas provinciais de defensa e a Suprema Central. Na guerra de guerrillas no campo e na resistencia nas cidades, os españois frearon aos franceses. En 1812 recuperaron o territorio. Napoleón perdeu en Arapiles e recoñeceu a Fernando VII.
Reinado de Fernando VII (1814-1833)
Este reinado divídese en tres etapas: o período absolutista (1814-1820), o Trienio Liberal (1820-1823) e a Década Ominosa (1823-1833).
Independencia da América española
A independencia impulsouna a elite criolla e obedeceu a causas internas e externas. Houbo dúas etapas: 1810-1814, a guerra de independencia, e 1815-1825, durante o reinado de Fernando VII. Os xenerais San Martín, Simón Bolívar e Sucre conseguiron grandes éxitos militares. España perdeu as súas posesións americanas, excepto Cuba e Puerto Rico.
Época Isabelina (1833-1868)
As rexencias (1833-1843)
Para impor o liberalismo durante a minoría de idade de Isabel II, exerceron a rexencia María Cristina (1833-1840) e o xeneral Espartero (1840-1843). Durante este período estalou a primeira guerra carlista (1833-1839).
Reinado de Isabel II (1843-1868)
En 1843 Isabel alcanzou a maioría de idade. Consolidouse o Estado liberal, con estas etapas:
- Década moderada (1844-1854)
- Bienio progresista (1854-1856)
- Crise da época (1856-1868)
Sexenio Revolucionario ou Democrático (1868-1874)
- Goberno provisional, que convocou Cortes e a Constitución de 1869.
- Amadeo I de Saboia (1871-1873).
- Primeira República Española (1873-1874), con etapas federalista (Constitución de 1873), unitaria e presidencialista.
A Constitución de 1869 foi a primeira democrática de España.
Crecemento demográfico e transformacións agrarias
O crecemento demográfico foi moderado. Na periferia e no campo, as cidades creceron polo éxodo rural. A emigración exterior foi intensa cara a América Latina.
Os liberais impulsaron a propiedade privada e a liberdade de comercio.
Desamortización
A desamortización foi a venda dos bens amortizados. O seu obxectivo era obter recursos para o Estado. Os seus efectos foron a concentración da propiedade da terra en poucas mans, en beneficio dos nobres e da burguesía. O clero empobreceuse e os arrendatarios e xornaleiros resultaron prexudicados.
As melloras agrarias foron escasas, pero aumentou a superficie cultivada e estendeuse o regadío e os avances técnicos.
Revolución Industrial
A industrialización foi lenta. Nos sectores industriais destacou a minería: España foi unha das maiores exportadoras. O sector siderúrxico comezou en Galicia e estendeuse a Asturias, grazas ao carbón. O sector téxtil, sobre todo o algodón, concentrouse en Cataluña.
Os transportes melloraron no século XIX, coa construción de estradas e ferrocarrís. O comercio interior tiña unha escasa capacidade de compra. O comercio exterior sufriu a perda do mercado colonial. As finanzas e o capitalismo creceron, pero con limitacións.
Nova sociedade de clases
- Clase alta: a antiga nobreza e a alta burguesía.
- Clase media: medianos propietarios agrarios e grupos medios urbanos.
- Clase baixa: no campo, pequenos propietarios; nas cidades, empregados e asalariados.
Movemento obreiro
Os conflitos sociais aumentaron. Os xornaleiros e obreiros industriais organizáronse para facer fronte aos problemas anteriores. En 1870 fundouse a Federación Obreira Rexional Española (FORE). Así mesmo, introducíronse en España as ideas anarquistas e socialistas.