Información Xenética: Codificación, Fluxo e Código
Como se atopa codificada a información xenética?
A información xenética atópase codificada en forma de secuencias específicas de ADN. Estas secuencias transcríbense formando un ARNm que leva a información en forma de tripletes ou codóns. Estes codóns serán traducidos segundo o código xenético.
Que son os fragmentos de Okazaki?
- Son pequenos fragmentos de ADN e ARN que se sintetizan de forma descontinua na cadea retardada en sentido 5'-3' durante a replicación do ADN.
- Encimas que interveñen na súa formación:
- Primasa
- ADN polimerasa
- Helicasas
- Topoisomerasas
- Proteínas de unión á cadea sinxela
Como se produce o fluxo de información xenética?
O fluxo de información xenética nun organismo prodúcese do seguinte xeito:
- A información xenética está codificada no ADN.
- Esta información pasa ao ARN mensaxeiro (ARNm) no proceso de transcrición.
- O ARN transcrito vai ser lido no proceso de tradución para dar lugar ás proteínas.
Procesos biolóxicos implicados no fluxo de información
- Replicación do ADN: Proceso que consiste na formación de dúas cadeas de desoxirribonucleótidos, complementarias a cada unha das cadeas da dobre hélice dunha molécula, mediante a intervención das ADN polimerasas.
- Transcrición: É o proceso de síntese dunha molécula de ARN a partir dun fragmento dunha das cadeas do ADN. Os encimas que interveñen son os ARN polimerasas.
- Tradución: É a síntese dunha cadea peptídica a partir dunha cadea de ARNm que é lida polos ribosomas.
- Reversotranscrición: Proceso de síntese dunha cadea de ADN (monocatenaria) a partir dunha de ARN coa intervención dunha reversotranscriptasa.
Que é o código xenético e cales son as súas características?
O código xenético é un sistema de relación entre a secuencia de bases dun ARNm (que provén do ADN) e a secuencia de aminoácidos da cadea peptídica resultante. É un conxunto de tripletes de bases do ARNm (codóns) aos que se lles asigna un aminoácido na súa lectura, xa que cada triplete codifica un aminoácido.
Características do código xenético
- É universal.
- Dise que é dexenerado porque máis dun triplete de bases codifica un mesmo aminoácido.