A II República en España: reformas e conflitos políticos

Historia3,08 KB

A proclamación da II República en España

A proclamación da II República produciuse o 14 de abril de 1931, tras o triunfo nas cidades da coalición republicano-socialista nas eleccións municipais do 12 de abril. Nese momento constituíuse un goberno provisional integrado polos representantes dos partidos que asinaron o Pacto de San Sebastián (1930): republicanos, socialistas, catalanistas e galeguistas, quedando excluídos os monárquicos, os comunistas e os anarquistas.

As tarefas do goberno provisional

As principais tarefas que asumiu ese goberno foron anunciar as primeiras reformas e convocar eleccións a Cortes constituíntes, que se celebraron o 28 de xuño de 1931.

Resultados das eleccións e aprobación da Constitución

Esas primeiras eleccións gañáronas os partidos de esquerdas, como mostra o gráfico do Doc.1, onde destaca o grande apoio que obtivo o PSOE, aínda que tamén foi notable o obtido polo Partido Radical de Lerroux, a segunda forza máis votada. A composición da nova cámara permitiu a redacción e aprobación dunha Constitución (Doc.2), aprobada o 9 de decembro de 1931. Na constitución definíase a España como “unha República democrática de traballadores de toda clase, que se organiza en réxime de liberdade e de xustiza” e como un “Estado integral, compatible coa autonomía dos municipios e das rexións” (art.1), ao tempo que se establecía que o “Estado español non tiña relixión oficial” (art. 3) ou que “toda a riqueza do país, sexa quen for o seu dono, está subordinada aos intereses da economía nacional” (art.44), polo que podería ser expropiada e socializada, e instaurada a ensinanza primaria gratuíta, obrigatoria e laica (art.48).

Principais reformas durante a II República

Así mesmo, grazas á iniciativa dos republicanos de esquerdas e dos socialistas, desenvolvéronse importantes reformas, entre as que compre salientar as seguintes:

  • Instauración dun Estado laico
  • Reforma agraria
  • Recoñecemento do dereito das nacións periféricas á autonomía
  • Dereito á educación

Ademais, nese período avanzouse na constitución dun exército moderno e sometido ao poder civil e na creación da Guardia de Asalto, encargada da seguridade urbana; así como na regulación dos dereitos políticos e sociais recollidos na Constitución.

Conflitos e oposicións durante a II República

Esas reformas, posibles grazas ao apoio dos sectores da poboación máis desfavorecida, contaron coa forte oposición da oligarquía e dos terratenentes, que se apoiaron na Igrexa en un sector importante do exército, o mesmo que atentou contra a República mediante o golpe de Estado do xeneral Sanjurjo en 1932.

Consecuencia do desgaste do goberno, producido pola oposición das organizacións empresariais, o acoso dos radicais de Lerroux, a conflitividade social instigada polos anarquistas, e a oposición da Igrexa católica, así como polas fisuras internas, Alcalá Zamora forzou a dimisión de Azaña e convocou eleccións para novembro de 1933.

Descargar

PDF Word HTML