Historia de España: Século XX e Ditaduras

Historia5,02 KB

Unión Patriótica

A Unión Patriótica foi un partido de dereitas creado en 1924 co fin de consolidar o réxime imposto. Carecía dun programa e dunha ideoloxía definida, nunca logrou converterse nun partido moderno e potente, e foi só un instrumento de propaganda gobernamental. Os seus primeiros impulsores procederon do catolicismo político e social, do que xurdiron os chamados "novos políticos". A maioría dos afiliados eran funcionarios e pequenos e medianos propietarios.

Desembarco de Alhucemas

O desembarco de Alhucemas foi unha acción militar levada a cabo o 8 de setembro de 1925 en Alhucemas polo exército e a Armada españolas, xunto co exército francés, que propiciaría o fin da Guerra do Rif. Considérase o primeiro desembarco aeronaval da historia mundial. A operación consistiu no desembarco dun continxente de 13.000 soldados españois transportados desde Ceuta e Melilla pola Armada combinada hispano-francesa. A operación tivo como comandante en xefe ao entón "Director Militar" de España, o xeneral Primo de Rivera.

José Calvo Sotelo

José Calvo Sotelo foi un político galego, ministro de Facenda durante a Ditadura de Primo de Rivera (1925-1930).

CAMPSA

A Compañía Arrendataria do Monopolio de Petróleos S.A. (CAMPSA) creouse na década de 1920, aproveitando os beneficios que a política económica obtivo da conxuntura expansiva internacional. Creáronse grandes monopolios estatais como CAMPSA, á que se lle concedeu en exclusiva a importación, refinamento, distribución e venda do petróleo e da gasolina.

Manuel Azaña

Manuel Azaña, partidario do partido reformista, declarouse a favor da República durante a Ditadura de Primo de Rivera e fundou Acción Republicana. Foi unha das figuras máis relevantes do Pacto de San Sebastián. En 1931 ingresou no goberno provisional como ministro de Guerra, desde onde emprendeu as primeiras reformas militares. Foi presidente do goberno de coalición de republicanos e socialistas. En 1934 fundou Izquierda Republicana, partido arredor do cal se formou a Fronte Popular. En 1936 volveu á presidencia do goberno, e en maio foi elixido presidente da República, cargo do que dimitiu en febreiro de 1939. Exiliouse en Francia.

CEDA

A Confederación Española de Dereitas Autónomas (CEDA) foi un novo partido político creado en 1933 que aglutinou a distintas dereitas rexionais. Co apoio de gran parte da xerarquía católica, mobilizou as masas católicas do país en defensa da relixión, a familia, a orde e a propiedade. Constituíuse como un gran partido de masas oposto á política laicista e secularizadora, á reforma agraria e á política autonómica.

Brigadas Internacionais

As Brigadas Internacionais foron un grupo de voluntarios estranxeiros que interviñeron durante a Guerra Civil Española ao lado da República, cun amplo abano ideolóxico, movidos por un sentimento de solidariedade en defensa da causa republicana fronte á ameaza internacional do fascismo. Estaban organizadas por dirixentes dos partidos comunistas integrados na III Internacional. A súa intervención foi destacada na defensa de Madrid e na batalla de Teruel.

CNT-FAI

(Pendentes de completar)

Autarquía Económica

A autarquía é a situación económica na que un país obtén todos os bens necesarios sen comerciar co exterior. O país aspira a satisfacer todas as necesidades utilizando tan só os seus propios recursos, sen acudir a importacións. A autarquía busca o autoabastecemento alimentario e a autonomía industrial. Esta política autárquica desenvolveuse en España despois da Guerra Civil, durante o goberno franquista, co que se propuxo reparar os efectos devastadores desta guerra (económicos e demográficos) sen dependencia exterior, contando só cos seus propios recursos para emprender o camiño de reconstrución e desenvolvemento. As consecuencias desta política foron negativas para a poboación.

Desarrollismo

O desarrollismo é o conxunto de medidas liberalizadoras do goberno de tecnócratas en 1959 que posibilitaron a transformación do sistema produtivo, que se materializou nun maior nivel de vida para os españois. O crecemento foi posible grazas a que os países desenvolvidos absorberon a nosa man de obra excedente, investiron sumas importantes en España e nos proporcionaron divisas e turistas.

CCOO

Comisións Obreiras (CCOO) é unha organización de traballadores de inspiración comunista, aínda que aberta a todos os sectores e ideoloxías. Este grupo aproveitou a organización sindical para organizar os traballadores a través dos convenios laborais e das eleccións sindicais, nas que CCOO obtivo bos resultados. A organización foi perseguida, declarada ilegal e os seus dirixentes procesados e encarcerados. O novo movemento obreiro fíxose máis forte arredor desta organización.

Descargar

PDF Word HTML