A Guerra da Independencia e o Bienio Progresista en España
Guerra da Independencia Española
O monarca español Carlos IV opúxose ás ideas da Revolución Francesa e España entrou en guerra contra Francia. España foi derrotada e tivo que asinar un tratado que a facía aliada de Francia.
En 1807, España e Francia asinaron o Tratado de Fontainebleau, polo que acordaban invadir Portugal. As tropas francesas debían atravesar España para chegar a Portugal, pero aproveitaron a situación para ocupar algunhas cidades españolas. A permanencia francesa en territorio español creou un gran malestar na poboación.
Fernando aproveitou o descontento e instigou o Motín de Aranjuez, que provocou que Carlos IV abdicase no seu fillo, que pasou a ser o rei Fernando VII. Napoleón aproveitou os problemas da familia real, á que secuestrou en Bayonne e obrigou a abdicar no seu irmán Xosé Bonaparte, que se converteu en rei de España.
O 2 de maio de 1808 produciuse unha sublevación popular en Madrid, seguida por levantamentos noutros lugares. Foi o comezo da Guerra da Independencia:
- Cidades como Zaragoza e Xirona sufriron importantes asedios.
- As guerrillas fustrigaban poderosamente ao exército francés.
Cando Napoleón retirou algunhas tropas de España para mandalas a Rusia, os españois, aliados cos ingleses, iniciaron a contraofensiva. En 1813 asinouse o Tratado de Valençay, que poñía fin á guerra e lle devolvía a coroa a Fernando VII.
O Bienio Progresista
Tras o pronunciamento de Vicálvaro, o poder pasou aos progresistas, que seguían dirixidos por Espartero e apoiados pola Unión Liberal, dirixida por O'Donnell, que integraba progresistas e moderados non radicais.
O novo goberno puxo en marcha:
- Un novo proceso de desamortización.
- A Lei de Ferrocarrís, que permitiu a construción da rede ferroviaria nos anos seguintes.
Foi un período castigado pola crise económica e as protestas de obreiros e campesiños. Esta axitación social foi o motivo que a raíña esgrimiu para retirar do goberno aos progresistas.
Entre 1856 e 1866 alternaron no goberno a Unión Liberal e os moderados de Narváez. Nesta época o crecemento económico foi intenso e iniciouse a construción do ferrocarril. Pero a partir de 1866, a monarquía de Isabel II entrou nunha grave crise.
A Primeira República
: