Guerra Fría: Causas e Conflitos (1945-1975)
A Deterioración das Relacións entre os Aliados
Despois da guerra fíxose evidente un gran antagonismo entre os países occidentais e a URSS. As Conferencias de Ialta e Potsdam dividiran Europa en dúas zonas de influencia. Gran Bretaña e os Estados Unidos receaban o dominio que estaba a exercer a URSS nas zonas lideradas polo Exército Vermello, e a URSS sentíase ameazada pola bomba atómica que posuía os Estados Unidos. Pero as discrepancias eran fundamentalmente de tipo ideolóxico, xa que cada un tiña un modelo de organización política, social e económica diferente.
A Ruptura: O Pano de Aceiro
A ruptura definitiva entre os dous bloques foi definitiva en 1947, cando o presidente dos Estados Unidos expuxo a Doutrina Truman, na que denunciaba a creación de réximes comunistas nos países ocupados polo Exército Vermello e propoñía a súa intervención para frear a ameaza comunista en Europa. Para iso, aumentouse o número de soldados e bases militares dos Estados Unidos en Europa e propúxose o Plan Marshall (axuda económica para a reconstrución de Europa), co que diminuiría a expansión do comunismo. A URSS propuxo o Informe Jdanov, que denuncia a actuación dos Estados Unidos como vía de dominio de Europa. Manifestou a decisión de axudar os países que non desexasen someterse aos Estados Unidos e fundou o Kominform, unha organización que reunía a países comunistas. O mundo estaba dividido en dous polo Pano de Aceiro. Cada potencia organizou un bloque militar de aliados: os Estados Unidos a OTAN (1949) e a URSS o Pacto de Varsovia (1955).
A Partición de Alemaña en Dous Estados
Alemaña, tras a guerra, quedou dividida en catro zonas ocupadas por Gran Bretaña, os Estados Unidos, Francia e a URSS. Os tres aliados occidentais unificaron os seus territorios creando un Estado federal. Como resposta, a URSS ordenou o bloqueo da cidade de Berlín, tamén dividida en catro zonas, situada no lado soviético. Os Estados Unidos responderon coa creación dunha ponte aérea para abastecer a cidade. Entre as dúas zonas berlinesas levantouse un muro.
Que é a Guerra Fría?
Modelo de relacións internacionais desenvolvido logo da Segunda Guerra Mundial, baseada nun constante antagonismo entre os bloques (os Estados Unidos e a URSS). Foi un enfrontamento moi tenso, que non chegou a confrontación bélica, pero no que se desenvolveu unha gran carreira de armamentos e adoptaron unha actitude belixerante.
A Guerra de Corea
Logo da Guerra Mundial, o norte da península coreana foi ocupado polas tropas rusas e o sur polas dos Estados Unidos. En 1949, Corea dividiuse en dous estados. En 1950, Corea do Norte invadiu Corea do Sur, e os Estados Unidos, apoiados pola ONU, interviñeron na súa defensa. En 1953 remata o conflito coa Paz de Panmunjom, que consagrou a división das dúas Coreas.
A Guerra de Vietnam
As forzas comunistas proclamaron a independencia da Indochina francesa (1945). Francia non o aceptou e iniciouse a guerra, que rematou en 1954 coa división de Vietnam en dous: o norte, comunista, e o sur, prooccidental. Despois da retirada, os Estados Unidos enviaron un continxente militar para evitar a reunificación, en apoio de Vietnam do Sur. A guerra rematou en 1975 coa unificación de Vietnam nun réxime comunista.
A Crise dos Mísiles
En 1959 instalouse en Cuba un réxime revolucionario dirixido por Fidel Castro que os Estados Unidos non aceptaron, co que declararon un boicot económico á illa, que recibiu o apoio da URSS. En 1962, ante a ameaza da URSS de instalar mísiles nucleares, os Estados Unidos ordenaron o bloqueo marítimo. Entón a URSS retirouse co compromiso de desmontar as bases militares e os Estados Unidos abandonaron o bloqueo.
A Coexistencia Pacífica
En 1950, o clima de tensión entre bloques deu paso a unha nova etapa dominada pola distensión, que coñecemos como coexistencia pacífica. Nova xeración de dirixentes, Khruschev na URSS e Kennedy nos Estados Unidos, que se amosaron ante o mundo cunha actitude máis tolerante ante as súas discrepancias, estableceron relacións directas ("Teléfono vermello") e ambos amosáronse máis proclives ao establecemento de acordos mutuos.