Glosario de termos urbanísticos
Conceptos clave de urbanismo
-Área periurbana: É a área de interseción da zona urbana á rural, localizada no entorno da cidade cunha presenza dispersa das funcións urbanas e unha base rural como soporte.
-Cidade: O concepto de cidade resulta da combinación de varios criterios:
- Criterios cuantitativos: O INE considera urbanos os municipios con máis de 10.000 hab.
- Criterios cualitativos:
- Criterio morfolóxico: Poboamento concentrado, con alta densidade de edificación e poboación e predominio da vivenda colectiva en altura.
- Criterio funcional: Dominio de actividades económicas urbanas (industria e servizos).
- Criterio sociolóxico: Maior diversidade social e unhas relacións máis anónimas.
- Criterio espacial: A cidade organiza o espazo e inflúe sobre os núcleos de poboación.
-Cidade dormitorio: É unha comunidade urbana de carácter residencial, cuxa maioría dos habitantes viaxan diariamente a traballar a unha localidade próxima. Este tipo de cidades crece en zonas rurais ou semirrurais.
-Ensanche: O ensanche é un espazo novo que responde aos desexos de crecemento urbano da burguesía. Planos regulares, hixiénicos (pavimentacións, sumidoiros, abastecemento de auga, espazos verdes, etc.) e de beneficio económico (construción de vivendas, comercios, etc.).
-Globalización: É un proceso de apertura de economías, tecnoloxías, culturas e fronteiras como resultado do incremento dos intercambios comerciais, movementos de capital, e difusión de ideas e coñecementos.
-Plan Xeral de Ordenación Municipal: É o instrumento básico para a ordenación urbanística integral dun municipio. Proxecta o desenvolvemento urbano para certo número de anos. Os Plans Parciais concretan o PXOM e os Plans Especiais ordenan aspectos específicos.
-Solo Urbanizable: Está formado por aqueles terreos aptos para seren urbanizados por teren unhas características adecuadas para poder absorber o crecemento da poboación e está regulado polo Planeamento Urbanístico.
-Xerarquía urbana: O tamaño demográfico, as funcións e a extensión da área de influencia dan lugar a unha organización xerárquica das cidades españolas. Nas que se distinguen:
- Metrópoles: Áreas metropolitanas. Pob. > 200.000 hab.
- Nacionais.
- Rexionais.
- Subrexionais.
- Cidades Medias: Capitais de provincias. Pob. 50.000-200.000
- Cidades Pequenas: Pob. 10.000-50.000 hab.