De facto: expresión que significa que algo é "de feito", aínda que non o sexa de dereito. Por exemplo, que as colonias actuasen de forma independente, aínda que non o fosen legalmente.
Non aliñación: países que durante a Guerra Fría non formaban parte de ningún dos dous bloques (Leste-Oeste).
Commonwealth: organización internacional que agrupa algúns dos estados que foron no seu día colonias do Imperio británico. Significa "comunidade de nacións" e entre os seus obxectivos prioritarios figura a cooperación económica.
Intifada: movemento de insurrección civil contra a ocupación dos territorios palestinos por Israel. As súas accións son protagonizadas frecuentemente por nenos e adolescentes.
Populismo: movemento político que se apoia nas clases medias e baixas, coas que establece relacións paternalistas. Unha das súas condicións indispensables é a existencia dun líder carismático.
Neocolonialismo: dominación económica e cultural.
Apartheid: fenómeno de segregación racial en Suráfrica implantado por colonizadores, como símbolo dunha sucesión de discriminación política, económica, social e racial.
Guerra de Yom Kippur: foi un enfrontamento armado a gran escala entre Israel e os países árabes de Exipto e Siria dentro do denominado conflito árabe-israelí.
Declaración Balfour: declaración formal do goberno británico publicada o 2 de novembro de 1917, na que o Reino Unido se declara favorable á creación dun fogar nacional xudeu no Mandato Británico de Palestina.