Fenómenos Vocálicos e Consonánticos en Galego
Fenómenos Vocálicos
Na posición tónica (2) e na átona (..)
- Metafonía: A influencia que exercen as vogais finais -o e -a sobre o timbre da vogal tónica da palabra, de modo que o -o pecha a vogal tónica e o -a tende a abrila de maneira antietimolóxica.
- Influencia do -n- trabando sílaba: Unha consoante -n- a continuación dunha vogal tónica -e- ou -o- abertas pode provocar o seu pechamento.
a) Substitución de vogais
- Harmonización: Vogais tónicas -i-, -u- e o diptongo -ei- poden facer que se peche a vogal anterior: pedir/pidir, cociña/cuciña.
- Labialización: Unha consoante bilabial pode facer que un -e- se faga como -o-: levar/lovar, semana/somana, semáforo/somáforo...
- Asimilación: Unha vogal átona iguálase a outra vogal: cerrar/zarrar, torrón...
- Disimilación: Habendo dúas vogais iguais seguidas, unha delas realízase de forma diferente: cemento/cimentano, teléfono/taléfono, murmurar/marmurar.
- Palatalización: Do -a- átono, en xeral baixo a influencia dun -i-.
- Vacilacións vocálicas
Adición e Supresión
- Prótese: Unha vogal a- no comezo da palabra.
- Anaptixis: Unha vogal no interior da palabra.
- Epéntese: -i- entre dúas vogais para desfacer un hiato.
- Paragoxe: Unha vogal -e no final da palabra.
- Aférese: (normalmente -a-).
- Síncope.
- Apócope: (tamén a sílaba).
Fenómenos Consonánticos
Dialectismos (2) e vulgarismos.
- Gheada: A pronuncia do fonema velar oclusivo sonoro /g/ como un fonema aspirado farínxeo xordo. Prodúcese en calquera posición na palabra: galo/ghalo, amigo/amigho.
- Seseo: Realización do fonema interdental fricativo xordo /θ/ como se fose o alveolar fricativo xordo /s/: mozo/moso, rapaz/rapás. Dous tipos:
- Seseo parcial ou implosivo: Só se produce na posición implosiva: lus, capatás.
- Seseo total ou explosivo: Aparece en tódalas posicións: masá, faser, sivil...
- Rotacismo: Realización do /s/ implosivo como /R/ diante de consoante sonora ou -f: desde/derde, as mans/ar mans, asfixia/arfixia.
- Aspiración: Pronuncia do /s/ implosivo como un son aspirado: desde/dehde.
- Palatalización: O /s/ implosivo da sílaba final da palabra pode realizarse como /ʃ/: casas/casax, dentes/dentex, universidades/universidadex.
- Despalatalización: xabarín/sabarín, hoxe/hose, vexo/veso, xamón/samón.
- Vacilación das consoantes líquidas: Pódese producir confusión entre as consoantes /l/ e /R/ en posición implosiva: armario/almario, sur/sul.
- Metátese: Cambio de posición que se produce nunha consoante calquera no interior da palabra (sobre todo aféctalle ao -r-): pobre/probe.
- Epéntese: Fenómeno consistente en introducir consoantes inexistentes na palabra: filloa/filloga, poeta/poetra, pensativo/pensativro.
- Vocalización: Conversión en vogais de certas consoantes en posición implosiva cando son alleas ao galego patrimonial: exame/eisame.
- Alteracións consonánticas.