Evolución da poboación en España: natalidade e mortalidade

Xeografía4,34 KB

Os réximes demográficos en España

No movemento natural da poboación española distínguense tres etapas ao longo das cales a natalidade, a mortalidade e o crecemento natural presentan trazos homoxéneos.

O réxime demográfico antigo

Ata principios do século XX caracterizábase polas altas taxas de natalidade e mortalidade e un crecemento natural baixo.

  • A natalidade: O predominio dunha economía e dunha sociedade rurais nas que os fillos comezaban a traballar axiña e a inexistencia de sistemas eficaces para controlar a natalidade.
  • A mortalidade xeral: As súas causas eran o baixo nivel de vida e as precarias condicións médicas e sanitarias. A dieta alimentaria era escasa e desequilibrada. As enfermidades infecciosas transmitidas a través do aire ou da auga e alimentos tiñan alta incidencia. Sumábanse momentos de mortalidade catastrófica por epidemias, guerras e malas colleitas.
  • A mortalidade infantil: Tamén era alta, tanto a neonatal como a posnatal, polo que a esperanza de vida era baixa.
  • O crecemento natural: Era baixo.

A transición demográfica (1900-1975)

Caracterizouse pola diminución da natalidade, o descenso da mortalidade e un elevado crecemento natural.

  • A natalidade: Descendeu de forma suave e descontinua. En 1920 a natalidade recuperouse do descenso grazas á prosperidade económica. Entre o 30 e o 56 continuou o descenso pola crise económica do 29 e a inestabilidade política da Segunda República. A Guerra Civil ocasionou subnatalidade e a situación de posguerra causou o exilio. Todo isto impediu a recuperación dos nacementos que adoita seguir ás guerras. Entre o 56 e o 65 tivo lugar o baby boom, o que significa unha recuperación da natalidade. Os próximos dez anos diminuíu de novo o tamaño da familia e consolidouse un modo de vida industrial e urbano.
  • A mortalidade: En xeral descendeu de forma acusada e continua, agás en dous momentos catastróficos: a gripe do 18 e a Guerra Civil. O incremento do nivel de vida manifestouse na mellora da dieta e os avances médicos reduciron a incidencia das enfermidades infecciosas. Tamén se incorporou a Seguridade Social.
  • A mortalidade infantil: Tamén decrece e a esperanza de vida elévase.
  • O crecemento natural: Da transición foi moi alto.

O réxime demográfico actual (a partir de 1975)

Caracterízase por:

  • O descenso da natalidade: A partir de 1975 ata situarse en cifras baixas. Distínguense dous momentos:
    • Ata o 98, cun brusco descenso dos nacementos. As causas foron: a situación económica atrasou a idade do matrimonio co conseguinte acurtamento do período fértil da muller, primeiro pola crise do 75 e desde 1980 pola precariedade laboral e o alto prezo de compra e de aluguer de vivendas; a sociedade española experimentou cambios de mentalidade e valores desde a transición á democracia; diminuíu a influencia relixiosa e difúndense os anticonceptivos, así como a incorporación da muller ao traballo. Gaña importancia as relacións de parella sobre as reprodutoras e o coidado de fillos.
    • Dende 1998 a natalidade experimentou unha lixeira recuperación debida á inmigración, xa que a poboación española mantén o seu comportamento restritivo da natalidade e a inmigración colabora neste aumento.
  • A mortalidade: Mantense en cifras baixas e trátase dun aumento aparente causado polo incremento do número de anciáns, posto que a mortalidade real continúa descendendo como demostra o aumento da esperanza de vida. Diminúe a importancia de enfermidades como as "tres C".
  • A mortalidade infantil: Principalmente neonatal.
  • A esperanza de vida: Aumentou grazas ao progreso da medicina, pero presenta diferenzas por sexo (son as mulleres as que teñen maior esperanza), por idade (as maiores ganancias téñenas os anciáns e mozos) e por status social (son as persoas con traballos con maior cualificación e clases sociais adiñeiradas).
  • O crecemento natural: No réxime demográfico actual descendeu ata 1998 debido ás baixas taxas de natalidade e mortalidade.

Descargar

PDF Word HTML