A evolución humana: da filoxénese á hominización
O lugar do ser humano na natureza: A filoxénese
Na evolución dos organismos hai dous procesos:
- Evolución filoxenética: Trátase dos cambios que se producen dentro dunha liñaxe ao longo do tempo.
- Evolución diverxente: É a diversificación das liñaxes e a aparición de novas especies.
A evolución humana foi ramificada. O ser humano é unha especie que provén do chimpancé e, ao longo do camiño, atopamos os homínidos, que son os nosos antepasados, e o Homo sapiens na actualidade.
A evolución dos seres vivos vén dada pola clasificación taxonómica e así atopamos:
- As características do ser humano están determinadas pola súa pertenza á orde dos primates (mamíferos con algunhas semellanzas).
- Dentro dos primates, o ser humano pertence á superfamilia dos hominoideos.
- Esta superfamilia divídese en simios e homínidos.
O proceso de hominización
Os primeiros homínidos
A organización taxonómica sitúa o ser humano en relación cos simios antropomorfos. A separación da liñaxe humana dos chimpancés produciuse hai relativamente pouco, uns 6 millóns de anos, ao final do Mioceno.
Hai hipóteses que pretenden explicar o xurdimento dos homínidos. Unha das que máis repercusións tivo é a denominada East Side Story, teoría que propuxo o paleontólogo Yves Coppens en 1982.
A aparición dos homínidos coincide coa do Gran Val do Rift, hai uns 8 millóns de anos. Os antigos primates, illados nas sabanas do leste de África, fóronse adaptando á posición bípede. Os que quedaron no oeste conservaron a súa adaptación ao medio selvático e evolucionaron cara aos grandes monos.
Esta teoría foi posta en dúbida ante o recente achado da mandíbula inferior dun homínido de hai 3,5 millóns de anos, na zona de Bahr el Ghazal, o que fai pensar que os Australopithecus estaban moito máis dispersos.
O primeiro representante dos homínidos apareceu hai entre 4,2 e 3,9 millóns de anos.
A primeira modificación ten que ver coas molares, que aumentan de tamaño, o que dá lugar a un cambio na alimentación. Estes homínidos comezaron a introducir a carne na súa dieta. O seu hábitat encontrábase en ambientes mixtos entre bosques e sabana. Os restos fósiles encontrados non deixan lugar a dúbidas da súa marcha bípede, o que lles permitiu desenvolverse mellor en espazos abertos. O Australopithecus afarensis mostra outro cambio fundamental paralelo á bipedestación: trátase dunha man cun polgar próximo aos outros catro dedos, con capacidade para manipular obxectos pequenos e para trasladalos con éxito.
Prodúcese unha forte diversificación das distintas especies de homínidos, asociada aos cambios climáticos. Nesta época producíronse fortes oscilacións climáticas coa extensión do xeo no hemisferio norte nas épocas de frío (glaciacións). Isto contribuíu á desaparición do bosque e ao rexurdimento de ambientes secos e abertos.
O Australopithecus africanus, último representante deste xénero, extinguiuse dando paso a formas mellor adaptadas aos espazos abertos.
Hominización: Proceso evolutivo que leva á aparición do ser humano.
Liñaxe: Grupo de parentesco entre cuxos membros se pode trazar unha liña de filiación que pode ser matrilineal ou patrilineal.
A fabricación destes instrumentos de pedra axudou a introducir na dieta carne e graxas, o que propiciou a expansión cerebral e modos de vida social máis complexos.