Evolución do Estado Moderno: De Monarquías Absolutas a Democracias

Historia2,73 KB

1. Orixe dos Estados Modernos en Europa

A partir do Renacemento xurdiron os estados en Europa. A forma de goberno predominante era a monarquía absoluta.

2. Características do Estado Moderno

  • Territorio limitado por unhas fronteiras moi definidas.
  • Ordenamento xurídico propio.
  • Burocracia administrativa.
  • Corpos represivos.
  • Posesión de soberanía.

3. A Soberanía Política

A soberanía é o poder político básico. No caso de España, a soberanía non a ten o presidente, senón o pobo, xa que é quen decide mediante o voto. Porén, no caso dunha monarquía absoluta, o rei é quen posúe a soberanía.

4. Súbditos vs. Cidadáns

Nas monarquías absolutas, os habitantes dos estados chámanse súbditos, xa que non tiñan soberanía e estaban sometidos ás leis que ditaba o rei. Máis tarde, no liberalismo político (as primeiras democracias), pasaron a chamarse cidadáns, porque agora si tiñan soberanía.

5. Xénese das Democracias

As democracias comezaron a xurdir no modernismo coas loitas da burguesía.

6. Principios Democráticos Fundamentais

  • Todos os individuos son iguais ante a lei.
  • Están dotados dunha constitución.
  • Existen 3 poderes independentes.

7. Dereitos Sociais e Económicos

Inclúen o dereito ao voto da muller (a aportación política desta non debería limitarse ao voto).

8. Crítica de Karl Marx á Igualdade Formal

Karl Marx afirmou que, mentres os individuos fosen unicamente iguais ante a lei pero non iguais economicamente, a democracia non sería real, pois as clases altas sempre acadarían os seus intereses e as clases baixas se verían prexudicadas.

9. Estado Democrático Social de Benestar

É o estado que procura garantir os dereitos sociais e económicos, acadando así a igualdade e a liberdade.

10. O Movemento Sufraxista

As sufraxistas foron as mulleres que loitaron para conseguir que a muller tivese dereito ao voto e se lle recoñecese a situación de cidadá.

11. Sociedade Patriarcal

Sociedade na que os varóns dominan en tódolos campos da vida (familia, traballo, cultura...).

12. Discriminación Positiva

É o nome que se lle dá a unha acción que pretende dar un trato nalgúns ámbitos a certos grupos sociais que nalgún momento sufriron discriminación, neste caso a muller.

13. O Papel do Estado Liberal

Os homes xa nacen cuns dereitos e o estado ten que garantilos. Quen ten os mecanismos para isto é o estado liberal.

Descargar

PDF Word HTML