Evolución demográfica en España: réximes demográficos e transicións
Gráficos e mapas
Gráfico lineal con dous eixos, no horizontal aparecen os intervalos cronolóxicos de 1861‐2015, representando dúas magnitudes, a taxa de natalidade e a de mortalidade, a fonte é o INE, e no vertical as taxas en tantos por mil; e mapa de coropletas que se utilizan para representar fenómenos con numeracións, neste caso presenta unha división administrativa en provincias, presenta unha lenda e a fonte é España a través de los mapas, e tamén presenta unha escala gráfica.
Provincias
Badaxoz, Biscaia, Cantabria, Cidade Real, Lleida, Pontevedra, Segovia, Valladolid, Zaragoza
Réxime demográfico antigo
Réxime demográfico (RD) antigo ata 1893, caracterizado por moi altas taxas de natalidade e mortalidade (superiores ao 30‰), co resultado de escaso crecemento da poboación. Neste réxime demográfico, propio de sociedades rurais, existía unha alta mortalidade infantil. Na gráfica sobresaí o pico de mortalidade de 1885 causado por unha epidemia de cólera. Na década de 1880 a 1889 a tuberculose, as tifoideas, o xarampón e outras enfermidades constituíron o 41,3% dos falecementos.
Transición demográfica
Inicio da transición demográfica (TD) que dura ata 1963 caracterizada por unha baixada brusca da mortalidade motivada polo desenvolvemento económico e a mellora das condicións de vida. A natalidade descende de forma suave, sendo deste xeito o crecemento natural da poboación elevado. Nesta fase sobresaí a gripe española de 1918 polo incremento da mortalidade e a guerra civil española (1936‐1939) polo aumento da mortalidade e, sobre todo, pola subnatalidade que provoca.
Final da TD a comezos dos anos 80. A mortalidade mantívose moi baixa pero a natalidade continuou descendendo, reducíndose o crecemento natural. A incorporación da muller ao mundo laboral, o diferente papel dos fillos e a extensión de métodos anticonceptivos foron, entre outros, causa do descenso da natalidade.
Novo réxime demográfico ou Segunda Transición Demográfica (STD) desde os comezos do século XXI. As taxas de natalidade e mortalidade seguen sendo moi baixas polo que o crecemento é nulo. A chegada de inmigrantes permite un breve crecemento da natalidade antes da crise de 2008. Entre o ano 2000 e 2009 a taxa de natalidade superará o 10‰. Poden aparecer as dúas etapas de transición como única.
Situación económica
A situación económica de crise a partir de 1975 e que continuou na década dos 80 incrementou a idade media de matrimonio e acurtou o período fértil das mulleres pola:
- Precariedade laboral
- Alto prezo da vivenda
Cambios de mentalidade e de valores desde a transición á democracia con:
- Diminución da influencia relixiosa
- Legalización do aborto e do divorcio
- Aumento feminino á educación e incremento da participación da muller no mercado laboral
- Dificultades na conciliación familiar (escaseza de garderías, ...)
- Os fillos xa non se consideran un seguro de vellez
- Uso de anticonceptivos
Lixeira recuperación na actual centuria grazas á inmigración estranxeira. Lixeiro aumento da mortalidade desde os 80 debido ao envellecemento da poboación. Crecemento natural descendeu ata o final da centuria anterior polas baixas taxas de natalidade e de mortalidade.