A Enerxía da Terra: Procesos Xeolóxicos e Ciclo da Auga

Bioloxía12,58 KB

A Enerxía que Impulsa os Cambios na Terra

A enerxía que impulsa os cambios na terra procede de:

  • Calor interna: Fai que os materiais do manto se poñan brandos e se movan lentamente e empurren a codia terrestre.
  • Gravidade: Debido á masa da Terra, esta exerce unha forza que atrae ao seu centro obxectos e fai que as cousas caian, as augas flúan, etc.
  • O Sol: Esta enerxía envía á Terra enerxía en forma de calor e luz que quenta a superficie. Como a Terra é esférica e ten o eixe de rotación inclinado, os raios solares inciden en distintas zonas do planeta con distintos ángulos:
    1. En zonas ecuatoriais chegan verticais que quentan máis.
    2. En zonas polares chegan oblicuos e quentan menos.
    3. Nas latitudes medias chegan verticais no verán e oblicuos no inverno, isto forman as estacións.

Enerxía e Procesos Xeolóxicos

A enerxía e os procesos xeolóxicos modifican a superficie do planeta polas enerxías anteriores:

  1. A enerxía interna é a responsable de cambios na superficie da terra, como os volcáns, terremotos, etc. Estes cambios chámanse procesos xeolóxicos endóxenos ou internos.
  2. A gravidade e a enerxía solar impulsan as dinámicas da atmosfera e hidrosfera e cambian a superficie da terra pola acción do vento, da auga e do xeo. Chámanse procesos xeolóxicos exóxenos ou externos.

A Atmosfera e a Circulación do Aire

A atmosfera é a capa de aire que rodea a terra. Nos primeiros 12 km de altitude está a maior parte dese aire chamada a troposfera, aí o aire está sempre en circulación.

A circulación do aire: Débese á enerxía solar, provoca 3 procesos:

  1. O aire quécese.
  2. O aire expándese e ascende.
  3. O desprazamento da masa de aire, isto causan os ventos.

-O aire quécese por contacto coa superficie da terra que foi quentada polo Sol.

-O aire expándese e ascende e logo vólvese menos denso e ascende cara as capas altas e frías.

-As masas de aire desprázanse: Isto quere dicir que o aire quente ao ascender despraza cara os laterais o aire frío, este ten a afundirse cara á superficie e a encher o baleiro que quedou na zona na que estaba o aire quente. (Isto son os ventos)

A Presión Atmosférica

A presión atmosférica é o peso da masa de aire que hai enriba da superficie e mídese en mb. Diminúe coa altitude xa que a masa de aire que hai sobre a superficie é menor cando descende. O aire modifica a presión atmosférica cas borrascas e os anticiclóns.

  • Borrascas: son zonas de baixas presións, fórmanse nas zonas nas que as masas de aire quente e menos denso ascenden.
  • Anticiclóns: son zonas de altas presións, fórmanse onde as masas de aire frío e denso das capas altas descenden.

O Ciclo da Auga na Hidrosfera

  1. A auga evapórase: Ao quentar a Terra, a enerxía solar produce a evaporación da auga que pasa á atmosfera como vapor. Isto defínese como a humidade do aire que é a cantidade de vapor de auga que contén o aire.
  2. O vapor ascende: Este vapor adoita ascender cara ás capas altas da troposfera.
  3. O vapor de auga arrefría: O aire quente e húmido cando chega á troposfera, arrefría e non pode conter máis vapor así que condensa en gotas de auga líquida sobre a atmosfera. Se a temperatura é baixa fórmanse cristais de xeo.
  4. Fórmanse as nubes: A formación das nubes é o conxunto das gotas de auga e cristais de xeo que se forma na anterior etapa. As nubes poden viaxar e se están a rente o chan chámanse néboas.
  5. Prodúcense precipitacións: As gotas de auga e os cristais de xeo reúnense no interior da nube en forma de chuvia ou neve, caen xa que non poden manterse no aire pola gravidade.
  6. A auga circula pola codia terrestre:
    • As augas do escorremento superficial é a parte da auga das precipitacións que escorrega por pendentes do terreo ata os océanos.
    • As augas subterráneas fórmanse coa parte da auga das precipitacións, infíltrase baixo a superficie terrestre e poden permanecer aí ou fluír ata o océano lentamente.

O Tempo Atmosférico e a Meteoroloxía

O tempo atmosférico é o estado da atmosfera nun lugar e nun momento determinado.

A meteoroloxía é a ciencia que mide as variables do tempo atmosférico para facer predicións sobre a forma en que cambiará.

Un mapa do tempo é unha representación gráfica do tempo atmosférico nunha rexión.

Nos mapas do tempo sinópticos ou de isóbaras, as variables atmosféricas represéntanse con elementos gráficos como:

-As isóbaras: Liñas que unen puntos co mesmo valor para a presión atmosférica, sitúan os anticiclóns e as borrascas.

O Clima

O clima é o comportamento anual e característico do tempo atmosférico nela.

Minerais e Rochas

Os compoñentes básicos da codia terrestre son os minerais, que se forman das rochas.

Os Minerais

Os minerais son substancias con 3 características:

  • Son sólidos, inorgánicos e teñen composicións químicas definidas que se expresan por fórmulas e son homoxéneos.
  • A súa orixe é natural, que se forma mediante procesos que non interviu o ser humano.
  • Teñen estrutura cristalina.

A súa formación é a través da cristalización e ocorre de varias formas:

  • Por arrefriamento e solidificación dun magma.
  • Por precipitación química de substancias na auga.
  • Por recristalización, transformando o cristal anterior por altas presións.

Tipos de Minerais

Hai máis de 3.500 diferentes, caracterízanse xa que cada un ten unhas propiedades diferentes que permiten identificalo. Para identificalo pódese considerar a forma, cor e brillo, cor cando pulveriza, a dureza, a súa densidade, etc.

As Rochas

As rochas: Son as mesturas de minerais que constitúen a codia terrestre.

Poden clasificarse en 3 grupos de rochas:

Rochas Magmáticas

Fórmanse a partir de magmas que ascenden á superficie a través da codia e logo arrefrían. Ao arrefriar un magma, solidifica e transfórmase nunha masa de rochas sólidas. Hai 2 tipos destas rochas:

  • Rochas plutónicas: Fórmanse cando o magma arrefría lentamente e solidifica no interior da codia, isto fai que os minerais formen cristais. Ex: granito, sienita.
  • Rochas volcánicas: Fórmanse cando o magma sae polos volcáns como lava, arrefría e solidifica no exterior. Este arrefriamento fai cristais microscópicos. Ex: pumita, obsidiana.

Rochas Metamórficas

Fórmanse por un proceso de transformación de rochas que existen chamado metamorfismo e son sometidas a temperaturas altas na codia. Hai 2 tipos destas rochas:

  • Rochas de metamorfismo térmico: Proceden de rochas que están en contacto con masas de magma e ascenden a través delas. A calor fai que os minerais sufran unha recristalización.
  • Rochas de metamorfismo dinamotérmico: Proceden de rochas que sofren un aumento de temperatura. Estes minerais sofren tamén recristalización, debido á intensa presión póñense en láminas esmagadas.

Rochas Sedimentarias

Fórmanse pola acción de procesos xeolóxicos exóxenos, por isto se chaman rochas exóxenas. A súa formación prodúcese en 2 etapas:

  1. A sedimentación: É a acumulación de partículas minerais chamadas sedimentos, que están no fondo dunha conca sedimentaria. Os sedimentos que estean nesas concas, teñen 2 procedencias importantes:
    • Poden ser fragmentos doutras rochas que foron arrancados pola acción da atmosfera/hidrosfera sobre o relevo e transpórtanse polo vento, ríos ou a ondada ata as concas.
    • Poden ser substancias químicas que estaban disoltas na auga que cubrían a conca e que deixaron de estalo e precipitaron.

Os sedimentos acumúlanse na conca en capas horizontais chamadas estratos. Cada estrato está composto por sedimentos dun mesmo tipo e van cambiando ao longo dos millóns de anos. Ao depositarse os dun tipo con outros vanse formando estratos diferentes.

  1. A diaxénese: É o conxunto de procesos que transforma os sedimentos en rochas sedimentarias. Consta de 2 tipos:
    • A compactación: Prodúcese nas capas de sedimentos que van sendo enterradas por outras que se depositan enriba.
    • A cementación: Prodúcese tras a compactación. Consiste na precipitación de diversas substancias disoltas en auga dos poros do sedimento. Estas substancias chámanse cementos que enchen os espazos entre partículas e úneas entre si.

Os Fósiles

Os fósiles son restos de seres vivos antigos que aparecen, petrificados, formando moitas rochas sedimentarias. Fórmanse xa que eses seres vivos foron enterrados polos sedimentos nunha conca e sufriron fosilización.

Tipos de Rochas Sedimentarias

  • Rochas sedimentarias detríticas: Orixínanse a partir de sedimentos que son fragmentos doutras rochas, chámanse clastos. Os clastos dependen do seu tamaño, hai 3 tipos:
    1. Conglomerados: Os seus clastos, que son as gravas teñen un diámetro maior de 2mm.
    2. Arenitas: Os seus clastos, que son as areas teñen un diámetro entre 0,06mm e 2mm.
    3. Arxilas: Os seus clastos, que son os lodos ou limos teñen un diámetro inferior a 0,06mm, son microscópicos.
  • Rochas sedimentarias NON detríticas: Orixínanse a partir de sedimentos que son substancias que precipitaron nas concas sedimentarias. Segundo a composición química dos sedimentos que as formaron distínguense varios tipos de rochas NON detríticas:
    1. As rochas carbonatadas: Compostas por carbonatos. As abundantes son as calcarias.
    2. As rochas salinas ou evaporitas: Compoñense das sales disoltas que precipitaron nas concas sedimentarias cando a auga se evaporou. Ex: Xeso, halita.

Combustibles Fósiles

Os combustibles fósiles son materiais ricos en carbono, poden arder e proceden da transformación de restos de seres vivos.

  • O carbón: É un material sólido e escuro, procedente da transformación de restos vexetais que quedaron enterrados entre as capas de sedimentos de concas.
  • O petróleo: É un líquido aceitoso, de cor marrón escura, que procede da transformación de restos mariños que quedaron enterrados entre sedimentos.
  • O gas natural: É unha mestura dos gases que se producen durante a transformación do petróleo.

Descargar

PDF Word HTML