A Economía Española no Século XX: Intervencionismo e Crises

Xeografía3,13 KB

O Intervencionismo do Estado na Economía Española

Unha das características da economía neste período foi a restrición da competencia entre empresas e o intervencionismo do Estado, co obxectivo de reducir a competencia e fomentar a industria nacional. A miúdo, as empresas establecían acordos para fixar prezos e repartiren entre elas o mercado mediante cotas. Isto implicou uns prezos de venda maiores ca noutros países e, polo tanto, restrinxindo máis a demanda.

O intervencionismo do Estado manifestouse de dúas maneiras principais:

  • Mediante axudas para estimular o investimento privado en industrias máis avanzadas.
  • Co aumento do proteccionismo.

O caso máis explícito de protección foi o do carbón: o Estado obrigaba a consumir carbón español para poder acollerse ás axudas públicas. Estas medidas proteccionistas tiveron efectos negativos para a economía española, xa que axudaron a que a industria fose pouco produtiva e competitiva co exterior. Porén, tamén tiveron efectos positivos, como:

  • Fomentar o avance tecnolóxico.
  • Axudar a mellorar as infraestruturas.
  • Promover a aparición de novos sectores industriais.

A Evolución da Economía Española no Século XX

O século XX iniciouse coas consecuencias do desastre de 1898, que lle puxo fin ao imperio español. A desaparición dos mercados coloniais prexudicou as exportacións, pero malia isto, a crise superouse e nos primeiros anos do século XX houbo unha baixa inflación, unha redución da débeda pública e unha repatriación de moitos capitais que estimularon a creación de bancos e empresas.

A neutralidade de España na Primeira Guerra Mundial proporcionou unha importante expansión económica, xa que o conflito reduciu a produción dos países que participaban e España converteuse no exportador de produtos industriais e agrarios. Grazas a estas exportacións, a balanza de pagamentos española tivo un saldo positivo, pero esta gran demanda tamén provocou un aumento moi grande dos prezos.

Esta subida de prezos fixo que as clases populares empeorasen o seu nivel de vida, xa que os salarios non subían, o que provocou folgas obreiras. A fin da guerra acabou coa euforia económica e desencadeou unha gran crise. O mercado interno non foi capaz de subsistir ás exportacións e moitas empresas tiveron que pechar.

Os Efectos da Crise de 1929 en España

No 1929 iniciouse unha crise económica mundial como consecuencia do crac da Bolsa de Nova York, debido ao afundimento do valor das accións. A influencia da Gran Depresión sentiuse nos sectores orientados ao comercio exterior. En España, esta crise repercutiu de maneira relativa, por dous motivos principais:

  • En primeiro lugar, debido á depreciación da peseta, xa que ao se reduciren os prezos dos produtos españois en moeda estranxeira, mellorou a competitividade das exportacións.
  • E en segundo lugar, debido á limitada importancia do comercio exterior a causa do proteccionismo arancelario.

Descargar

PDF Word HTML