Descolonización: causas, proceso e consecuencias
Causas da descolonización
As causas principais foron:
- O desexo de independencia da maioría da poboación das colonias.
- A pujanza dos movementos nacionalistas que, inspirados en diferentes ideoloxías, se viron con forzas para loitar contra os colonizadores.
- A diminución de prestixio das potencias coloniais.
- A expansión dunha opinión internacional contraria á colonización.
- O apoio á descolonización das dúas grandes potencias, EUA e a URSS.
Proceso de descolonización
- Década dos 40: independencia en Asia de India, Indonesia e Vietnam.
- Década dos 50: independencia no norte de África de Libia, Marrocos, Tunes e Alxeria.
- Década dos 60: independencia na África subsahariana de Quenia, Nixeria, Guinea, Mauritania, Madagascar e Congo.
- Décadas dos 70 e 80: independencia no Cono Sur africano de Angola, Mozambique e Namibia e en Sudáfrica.
Nacemento do Terceiro Mundo
A maioría dos novos estados xurdiron da descolonización e coincidían no feito de sentirse marxinados pola política internacional e polas grandes decisións económicas. Así mesmo, expresaron o seu dereito a decidir o seu destino e a afrontar o problema da pobreza. En 1955 reuníronse na Conferencia de Bandung, dispostos a reivindicar un lugar relevante nas relacións internacionais. Outro dos obxectivos da conferencia foi a instauración dunha corrente neutralista. Como resultado, na conferencia de Belgrado (1961) estableceu-se o Movemento de Países Non Aliñados, integrado por 25 países.
Neocolonialismo: unha herdanza colonial
Nova forma de dominio que implica unha situación de dependencia económica e cultural respecto da antiga metrópole. Os novos países debían exportar as súas materias primas e importar os produtos industriais. Esa dependencia comercial recibe o nome de intercambio desigual. Como consecuencia disto, estes países sofren unha forte dependencia financeira exterior, xa que necesitan préstamos e os investimentos dos países máis ricos, e tamén unha dependencia tecnolóxica, xa que lles debían mercar a tecnoloxía ao exterior. Esta situación impediu o crecemento económico dos países descolonizados e estendeu a pobreza entre a súa poboación.
Disputas étnicas e territoriais
O trazado das fronteiras dos países que se independizaban respondía a intereses coloniais e, con frecuencia, agrupaba tribos e etnias diversas. Ademais, algúns dos novos dirixentes instauraron gobernos dictatoriais e corruptos, sustentados polo exército, que satisfacían os intereses das vellas metrópoles, o que desencadeou guerras civís en moitos deles.