Decretos de Nova Planta e a Constitución de 1812: O Fin do Antigo Réxime

Historia3,08 KB

Decretos de Nova Planta: Centralización Borbónica

Os primeiros Borbóns, Felipe V e Fernando VI, para consolidar o seu poder absoluto, estableceron unha política centralizadora e uniformizadora.

Consecuencias dos Decretos

  • A Coroa de Aragón perde as súas leis propias e réxese polas leis de Castela.
  • Soamente os territorios de Euskadi (Vasco) e Navarra conservan a súa política e xurídica.
  • España divídese en provincias.

As Cortes de Cádiz e o Nacemento do Liberalismo

Estes acontecementos danse ao mesmo tempo que transcorre a Guerra da Independencia (GI). En Cádiz deseñouse un novo modelo político baseado no liberalismo, o que supón o fin do Antigo Réxime (AR).

O Proceso de Convocatoria

A Xunta Suprema Central, incapaz de dirixir a guerra, disólvese e crea un Consello de Rexencia. Convócanse Cortes para que os representantes da nación decidan sobre a súa organización e destino. Debido á situación de guerra, reúnense en Cádiz. Chegan moitos substitutos e tamén representantes das colonias americanas.

As Cortes decídense entre ser estamentais ou liberais, proclamando finalmente a Soberanía Nacional. As Cortes rematan sendo liberais e elaboran leis ordinarias para eliminar o AR e a Constitución de 1812.

Acción Lexislativa das Cortes (Eliminación do AR)

Aproban leis e decretos para desmantelar o Antigo Réxime. Declárase a soberanía nacional e elimínanse:

  • O morgado.
  • A Inquisición.
  • A Mesta.
  • Os privilexios estamentais.

A Constitución de 1812 (A Pepa)

Esta constitución, de tipo liberal e idealista, establece os seguintes puntos clave:

Estrutura do Estado e Dereitos

  • Forma de Estado: Monarquía da Casa de Borbón. Recoñécese como rei a Fernando VII (considerado preso polos franceses). O rei ten dereito de veto.
  • Relixión: Estado confesional radical. Prohíbese a práctica de calquera outra relixión que non sexa a católica.
  • Soberanía: Soberanía Nacional.
  • Cidadanía: Persoa con dereitos políticos (home maior de 25 anos).
  • Sufraxio: Masculino e universal indirecto.
  • Requisitos para Deputado: Esíxese ter cartos (requisito censitario).
  • Cortes: Unicamerais.

División de Poderes

  1. Poder Lexislativo: As Cortes.
  2. Poder Executivo: O Rei.
  3. Poder Xudicial: Os tribunais independentes.

Outras Garantías

Recoñécense dereitos fundamentais como a propiedade privada, a presunción de inocencia e a igualdade xurídica. Establécese a obriga de pagar impostos, ser católico e, para os varóns, ir ao exército.

Vixencia

Estivo en vigor durante o Trienio Liberal (1820-1823), baixo o reinado de Fernando VII.

Descargar

PDF Word HTML