Crise do 29 e Sistemas Fascistas: Características e Impacto Global

Historia3,39 KB

A Gran Depresión (1929): Impacto e Manifestacións

A situación foi especialmente dramática en Alemaña, Austria e Gran Bretaña, que se viron profundamente afectadas pola redución da produción e o incremento do desemprego. A crise norteamericana pasou a ser a crise mundial.

Manifestacións da Depresión

  • Retirada de capitais e ruína bancaria: A retirada dos capitais americanos levou á descapitalización e á ruína de moitas entidades bancarias que non podían facer fronte aos reembolsos. Os índices económicos mundiais descenderon, ao mesmo tempo que o paro aumentaba.
  • Proteccionismo e redución do comercio: O desexo de cada país de asegurarse mercados para os seus produtos fixo que se establecesen elevadas taxas de aduanas. Isto provocou unha redución progresiva do comercio mundial que tivo unha incidencia moi negativa na produción manufactureira.
  • Contracción dos intercambios internacionais: A diminución dos intercambios internacionais e o descenso da capacidade de compra provocou unha caída da produción mundial.
  • Profunda incidencia social: O aumento do desemprego e da miseria foi unha das manifestacións máis evidentes da crise económica.

Características Fundamentais dos Sistemas Fascistas

  • Omnipotencia do Estado: Todo debe someterse aos intereses do Estado. O Estado, identificado coa nación e coa patria, é unha entidade superior e anterior aos individuos, sendo o instrumento de control e de goberno de todas as actividades humanas.
  • Sistema Antidemocrático: Critica os principios liberais e democráticos. Nega a igualdade dos individuos e o sufraxio universal.
  • Recoñecemento das desigualdades: Nega a existencia dunha igualdade natural entre todos os individuos. A sociedade debe estar gobernada por unha minoría (os mellor preparados).
  • Mesianismo e Liderado Carismático: Defenden a existencia dun home excepcional, dotado das máximas virtudes e poderes (líder indiscutible e carismático), o Führer.
  • Control Ideolóxico e Cultural: Os fascismos tiveron moi claro que controlando as ideoloxías e as manifestacións culturais podían dominar a situación. A propaganda foi o principal instrumento para exercer o control, xa que contribuía á exaltación dos valores irracionais da conduta humana. O posible perigo de críticas por parte dos intelectuais levou á implantación da censura, na que só podía falar en público un oficial. Tamén se queimaron libros nas bibliotecas. A xuventude foi obxecto de especial atención, impoñéndolle unha educación deseñada e organizada dende pequenos.
  • Xustificación da Violencia Institucional: Os fascistas dotaron o Estado duns corpos represivos encargados de que nada se saíse das estritas pautas marcadas.
  • Autarquía, Dirixismo Económico e Apoio do Gran Capital: Os fascismos defenderon e puxeron en práctica unha serie de medidas coas que pretendían conseguir a súa autosuficiencia e o pleno emprego. Esta política esixía o establecemento de fortes taxas para protexer o mercado nacional fronte aos produtos estranxeiros.
  • Expansionismo Ultranacionalista.

Descargar

PDF Word HTML