A Crise de 1929 e a Gran Depresión: Causas, Consecuencias e o Stalinismo
A Crise de 1929 e a Gran Depresión
As Causas do Crack
- A crise dos sectores industriais tradicionais agudizouse nos anos anteriores ao crack. O mesmo pasou coa agricultura.
- Incluso os sectores industriais punteiros experimentaron xa en 1927 as consecuencias da diminución do poder adquisitivo dos salarios e a caída das rendas.
- Tamén entrou en crise o sector da construción, debido á situación do mercado.
O Xoves Negro e o Afundimento da Bolsa
Chamáselle así ao 24 de outubro porque 13 millóns de accións ofrecéronse á venda cunha demanda case nula. O pánico estendeuse e o 29 puxéronse á venda outros 16 millóns e medio de accións. Isto colapsou o mercado e o afundimento dos valores bolsistas continuou ata 1933.
A Gran Depresión
O afundimento da bolsa provocou unha longa crise coñecida como a Gran Depresión. Caracterízase por:
- A destrución do aforro e a drástica redución do crédito, do consumo e do investimento.
- A quebra dos bancos porque as persoas retiraban os seus aforros e porque moitos créditos non se devolveron.
- O cesamento da demanda e dos investimentos tivo como consecuencia a crise industrial e unhas enormes taxas de paro.
- O país máis rico do mundo non dispoñía dun sistema de axuda aos parados, que caeron na miseria.
- A crise agraria acentuouse polo afundimento dos prezos e da capacidade adquisitiva dos labregos. A miseria no mundo rural foi maior que nas cidades.
As Consecuencias Sociais da Crise
A economía capitalista non coñecera nunca un retroceso tan espectacular. Calcúlase que no mundo industrializado en 1932 había arredor de 30 millóns de parados. A miseria e o medo á fame estendéronse entre os obreiros e os labregos principalmente. O sentimento de inxustiza contra o poder e o sistema económico invadiu as sociedades capitalistas e desatáronse folgas.
A URSS baixo a Ditadura de Stalin
Características da Ditadura
- O culto á personalidade do xefe.
- A represión e eliminación de toda disidencia. Stalin acabou con calquera oposición no seo do PCUS e colocou na dirección persoas que considerou fieis. En 1936 adoptouse unha constitución que de feito legalizaba a ditadura. A URSS quedou formada por 11 repúblicas e 20 rexións autónomas. Pouco a pouco os cargos do Partido Comunista foron formando unha burocracia privilexiada, a chamada nomenklatura.
O Terror
En 1924 Stalin crea unha nova policía política, a NKVD, que foi o instrumento executor da represión. A política de terror aplicouse por medio de purgas. O punto máis intenso das purgas deuse entre 1936 e 1938 cos Procesos de Moscova, nos que se eliminaron os opositores de esquerdas e de dereitas. Segundo as cifras, entre 1937 e 1938 foron executadas 700.000 persoas e outro tanto foron enviadas aos gulags, con unhas condicións de vida atroces.
A Estatalización da Economía
No ano 1928 Stalin abandonou o seu apoio á NEP e inclinouse pola solución dos seus antigos opositores: o reforzamento da planificación e o control da economía por parte do Estado.
A Colectivización da Agricultura
O goberno mandou acabar coa propiedade privada no campo e forzar aos campesiños a se integraren en granxas colectivas ou do Estado. A desmoralización provocou que moitas granxas non foran eficaces e en 1932 produciuse outra gran fame con millóns de vítimas. O réxime botoulles as culpas aos campesiños, aos que mandaron para outro país ou mataron.
Os Plan Quinquenais
A política industrial de Stalin tiña dous obxectivos: crear unha industria pesada e lograr a independencia económica, tecnolóxica e militar. Para lograr isto leváronse a cabo os Plan Quinquenais, cuxos obxectivos eran: o primeiro destinou todos os recursos á industria pesada, o segundo ao reforzamento da industria armamental e o terceiro foi interrompido en 1941. O resultado foi un espectacular desenvolvemento da industria pesada e militar, pero apenas avanzou a industria de bens de consumo.