Contexto Cultural Galego: Temas Literarios e Normalización Lingüística

Lingua e literatura2,34 KB

Núcleos Temáticos na Obra (Celso Emilio Ferreiro)

Podemos distinguir tres grandes núcleos temáticos que se atopan en case toda a súa obra:

  • Liña Social e de Protesta

    Solidaria cos oprimidos de calquera latitude e denunciadora dos males sociais: o fascismo, a deshumanización, etc. É unha poesía que se erixe en protesta contra a inxustiza e incluso se fai revolucionaria, porque pretende conseguir a transformación da sociedade.

  • Liña Intimista e Existencial

    Nela maniféstase o seu inconformismo e desacougo existencial, a forte identificación coa terra, a fugacidade da vida, etc. O poeta evoca un tempo pasado e feliz, un tempo en que as cadeas que aferran ao ser humano aínda lle eran descoñecidas, lembrando así unha sorte de paraíso perdido.

  • Liña Irónica e Crítica

    Fortemente corrosiva e crítica, que se pode observar en libros como Cantigas de escarnio e maldicir ou nos Antipoemas. Celso denuncia a mesquindade humana con ton acendido, cheo de humor sarcástico. É esta unha poesía universal, que canta as traxedias do ser humano en xeral, por riba das razas, cores, linguas ou fronteiras.

Normalización do Galego (Lei de 1983)

A aprobación da Lei de Normalización Lingüística, no ano 1983, serviu para que se fixesen oficiais algunhas medidas imprescindibles para que o galego deixase de ocupar a posición subordinada á que estivera relegada, malia ser a lingua habitual da maioría da poboación.

Impacto e Consecuencias da Lei

Como consecuencia do novo marco legal, introduciuse a lingua galega en todos os niveis de ensino, cando menos como materia. Con todo, o seu emprego como lingua vehicular seguiu sendo abertamente minoritario.

Por primeira vez, unha xeración de cidadáns galegos comezaba a ter unha certa escolarización na lingua do país. Isto, unido á alfabetización de amplos sectores da poboación adulta e á cada vez maior presenza pública da lingua, motivou que houbese un crecente número de lectores potenciais da literatura galega.

Xa había as condicións necesarias para que se dese un crecemento da industria editorial e, en xeral, de todos os ámbitos culturais, pois tamén a música ou o teatro experimentaron un significativo auxe.

Descargar

PDF Word HTML