Conceptos Fundamentais de Ecoloxía: Niveis Tróficos e Sucesión

Bioloxía3,79 KB

Niveis Tróficos e as súas Características

Os principais niveis tróficos dun ecosistema son:

  • Produtores: Organismos autótrofos.
  • Consumidores: Organismos heterótrofos.
    • Consumidores primarios: Aliméntanse dos produtores (herbívoros).
    • Consumidores secundarios: Aliméntanse de herbívoros (carnívoros).
    • Consumidores terciarios: Grandes depredadores.
  • Descompoñedores: Organismos heterótrofos que se alimentan de restos orgánicos.

Cadeas e Redes Tróficas

As cadeas tróficas son unha secuencia simple e lineal de seres vivos dun ecosistema que indican quen é comido por quen.

Tipos de Pirámides Tróficas

Existen tres tipos principais de pirámides tróficas, usadas para representar a estrutura dun ecosistema:

  • Pirámides de números: Representan o número de individuos de cada nivel trófico.
  • Pirámides de biomasa: Representan a cantidade de materia orgánica viva ou morta de cada nivel trófico.
  • Pirámides de enerxía: Representan a enerxía almacenada nun nivel trófico nun momento determinado.

O Ciclo do Carbono

O carbono só pode ser incorporado ás biomoléculas en forma de dióxido de carbono (CO₂). Os organismos produtores captan o CO₂ da atmosfera ou o disolto na auga a través da fotosíntese e transfórmano en materia orgánica.

Os procesos clave do ciclo son:

  1. Respiración: Coa respiración celular, os produtores, consumidores e descompoñedores utilizan a materia orgánica e liberan CO₂ á atmosfera ou á hidrosfera.
  2. Liberación por combustión: A queima de combustibles fósiles, os incendios forestais, as actividades industriais e as erupcións volcánicas liberan tamén CO₂ á atmosfera.
  3. Sedimentación e fosilización: Parte dos restos orgánicos son enterrados polos sedimentos e transfórmanse en combustibles fósiles (carbón e petróleo) ou en rochas calcarias que devolven o CO₂ á atmosfera.
  4. Descomposición: As bacterias e fungos descompoñen os excrementos e os restos orgánicos dos seres vivos, producindo CO₂ que se libera á atmosfera ou á hidrosfera.

A Sucesión Ecolóxica

Definición e Evolución da Sucesión

A sucesión ecolóxica é o conxunto de cambios que experimentan os ecosistemas ao longo do tempo como consecuencia das variacións que se producen no biótopo e nas poboacións que o integran. Son procesos continuos e lentos.

Durante a sucesión, as especies modifican o medio, o que permite a aparición ou desaparición de especies e un incremento de:

  • Diversidade de organismos: O número de especies elévase e unhas son substituídas por outras. Hai un maior número de nichos ecolóxicos.
  • Complexidade do ecosistema: Aumenta o número de relacións entre os organismos e a complexidade de cadeas tróficas e relacións interespecíficas.
  • Biomasa: Substitución de especies por outras de maior peso e volume.
  • Resistencia: Aumenta a resistencia aos cambios que se poden producir no ecosistema.

Tipos de Sucesión Ecolóxica

  • Sucesión primaria: Iníciase de forma natural nunha área que non fora colonizada previamente por organismos (exemplo: unha illa volcánica ou un lago que se acaban de formar).
  • Sucesión secundaria: Desenvólvese nunha zona na que xa existiran certas comunidades que, por motivos naturais ou humanos (como incendios ou inundacións), desapareceran.

Descargar

PDF Word HTML