Capital: Son os cartos que se invisten na produción de bens e servizos.
Cooperativa: É unha asociación autónoma de persoas que se uniron voluntariamente para levar a cabo unha actividade económica, social ou cultural.
Fordismo: É unha forma de produción industrial que toma o nome da empresa automobilística Ford. Dividiu a montaxe en tarefas especializadas, empregando unha banda de transporte onde un traballador repetía un traballo e llo pasaba ao seguinte, que repetía o seguinte traballo.
Postfordismo: Caracterízase por unha gran flexibilidade en comparación co fordismo en:
Contratos: Xa non se teñen contratos de tantos anos na mesma empresa.
Formas de produción: O proceso de fabricación dun produto pode estar repartido entre moitas fábricas do mundo.
Elementos producidos: Xa non hai produción masiva, senón que se produce ao redor da demanda.
Sector terciario: É o sector económico que inclúe as actividades que, a diferenza dos sectores primario e secundario, non producen bens materiais, senón que prestan servizos.
Sector cuaternario: É o conxunto de actividades vinculadas coa técnica e a ciencia; forma parte do sector terciario superior ou cuaternario.
Patente: É un título que dá o dereito a explotar en exclusividade a invención patentada, impedindo a outros a súa fabricación, venda e utilización.
Parque tecnolóxico: É un organismo dirixido por especialistas para estimular a innovación e favorecer a competitividade e o desenvolvemento económico.
Redes sociais: Son os centros de reunión habitual de individuos que desexan estar en contacto.
Compañía de baixo custo (low cost): Son empresas que poden ofrecer prezos moi accesibles porque reducen custos administrativos, xa que as súas oficinas son virtuais e as xestións fanse vía internet.
Redes de transporte: Son un conxunto de infraestruturas, formadas por eixes ou liñas que unen dous ou máis puntos en forma de malla ou rede, por onde circulan os vehículos.
Turismo: É visitar lugares fóra do noso ámbito de residencia habitual. Hai turismo natural, urbano, cultural, rural e de praia.