Cliserie dos Pirineos: distribución da vexetación en función da altitude

Xeografía3,06 KB

Cliserie dos Pirineos

O gráfico proposto é a representación dunha cliserie característica do clima de alta montaña, concretamente nos Pireneos que se atopan na zona Nordés da Península Ibérica, na fronteira entre España e Francia. Nesta imaxe observamos con facilidade a distribución dos diferentes pisos de vexetación que varían en función da altitude e de ambas as vertentes, tanto o norte tamén coñecida avesedo como a sur ou solleiro.

Vertente norte

Comezamos por describir a flora da vertente norte que recibe menos radiación solar que a sur. No piso basal que alcanza ata os 400 m, predomina a aciñeira, especie de folla perenne que mostra adaptacións aos ambientes máis secos: follas alongadas e estreitas.

Piso montano

Entre os 400 m e os 1200 m, atopámonos co piso montano, do que é frecuente o piñeiro albar, árbore perennifolia que soporta xeadas e calquera tipo de chan, podendo chegar a medir mais de 35 m e posúe follas denominadas acículas.

Piso subalpino

O piso subalpino prolóngase desde os 1200 m ata os 2400 m. Está dominado polo abeto e pola faia, especies que precisan precipitacións elevadas e frecuentes, xunto cunha gran humidade do aire, polo que só a atopamos na cara de avesedo.

Piso alpino

O piso alpino esténdese desde os 2400 m e os 3000 m. Nel a vexetación é escasa debido ás baixas temperaturas e repetidas nevadas, aínda que podemos atopar os prados alpinos, especie que foi desenvolvendo curiosas e complicadas adaptacións ao medio.

Vertente sur

Na ladeira sur, orientada a recibir maior número de horas de sol, podemos ver que o piso basal posúe flora similares á vertente norte, coa presenza da aciñeira.

Piso montano

No piso montano, en cambio, predomina un novo tipo de vexetación que é o carballo, especie que crece ben nas condicións dadas pola aba de solleiro, xa que non precisa de tanta humidade como a faia.

Piso subalpino

No piso subalpino, tamén podemos atopar outro modelo de espesura denominado piñeiro negral, árbore de gran tamaño, cuxas acículas longas e fortes agrúpanse de dous a dous e dan como froito as piñas.

Por último, tanto o piso alpino como o nival, presentan as mesmas propiedades que a ladeira contraria.


O documento presenta un hidrograma, un gráfico que expresa a evolución do caudal dun río ao longo dun ano hidrolóxico. Para ponderar o caudal dun río téñense en conta varios elementos: o volume de auga que pasa por un punto concreto, o tipo de precipitación (choiva ou neve) ou a distribución mensual do mesmo ‐que tamén está en función de factores como a altitude do relevo, o solo e a vexetación. O ano hidrolóxico iníciase en outubro e remata en setembro. No eixo horizontal represéntanse a sucesión de meses do ano; no eixo vertical represéntase un número índica que expresa a variación do caudal de cada mes con respecto ao caudal medio anual ou módulo. O valor “k” representa a relación entre o caudal medio mensual e o caudal absoluto.

Descargar

PDF Word HTML