Características do Antigo Réxime en España

Historia2,84 KB

Réxime Demográfico Antigo: Características

O crecemento da poboación foi moderado debido a ondas epidémicas e crises de subsistencia que producían unha elevada mortalidade. No século XVIII diminuíron as epidemias, pero seguiron as crises periódicas de subalimentación por malas colleitas.

A Sociedade Estamental: Estrutura e Dinámicas

A sociedade estaba dividida en tres grupos ou estamentos. Cada un deles suxeito a unhas normas xurídicas diferentes. Unha minoría de nobres e eclesiásticos posuían privilexios. O resto da poboación constituía a gran maioría de non privilexiados (terceiro estado).

Algunhas persoas tiñan unha valoración negativa sobre os oficios (ferreiros, curtidores, toneleiros...). Outro valor clave da sociedade española do Antigo Réxime foi poder demostrar non ter antepasados xudeus, mouros ou herexes (limpeza de sangue). A sociedade era moi pouco dinámica e resultaba moi difícil poder cambiar de estamento. Sen embargo, a nobreza e a burguesía establecían matrimonios para mellorar a súa respectiva posición.

Analfabetismo e Relixiosidade no Antigo Réxime

Analfabetismo e Acceso á Educación

A maior parte da poboación non sabía ler nin escribir. O número de escolas era reducido e estaban destinadas a proporcionar uns coñecementos básicos (ler e contar) aos fillos de fidalgos, dos campesiños acomodados ou dos comerciantes. Moi poucos podían acceder á universidade.

Relixiosidade e Intolerancia: O Papel da Inquisición

A maioría da poboación era practicante da relixión católica e moi relixosa. A defensa do catolicismo levou a situacións de intolerancia relixiosa que se traduciron na persecución e castigo das desviacións. A Inquisición seguiu perseguindo a todos os que ían en contra dos seus valores e pensamentos.

A Persistencia do Réxime Señorial

Todas as terras, lugares e persoas estaban sometidas á autoridade directa dun señor, o dono do señorío. Os señores eran os nobres, os clérigos e os mosteiros. Os señores exercían a xustiza nos seus señoríos, nomeaban autoridades, impoñían penas e castigos, esixían todo tipo de taxas e traballos gratuítos e gozaban de numerosos privilexios e monopolios.

Monarquía Absoluta e Soberanía Real

O poder supremo residía e pertencía ao rei e este exercíao de forma absoluta sen ningunha limitación, xa que o recibía de Deus. No século XVIII, na Coroa de España había un elevado grao de diversidade xurídica e administrativa, dado que se mantiveron, tanto os privilexios particulares de certos territorios (foros no País Vasco e Navarra) como os privilexios persoais (poder señorial e xurisdicional dos nobres e da Igrexa).

Descargar

PDF Word HTML