Cambios Semánticos e Áreas Dialectal da Lingua Galega

Outras linguas estranxeiras3,51 KB

Cambios semánticos

Cambios semánticos: hai palabras que deixan de usarse porque xa non son útiles. Daquela aparecen outras novas que enriquecen o léxico segundo as necesidades do momento.

Causas: Influencia estranxeira: incorporación á lingua de préstamos xustificados e inxustificados. / Necesidade dun novo nome: ao aparecer novas realidades aparecen así novos termos, xorden os neoloxismos. / Causas lingüísticas: poden ser fonéticas, ao darse unha diverxente evolución fonética dunha palabra ou motivados por cuestións de carácter morfosintáctico. / Causas sociais: unha palabra pasa a ser un termo especializado e outras veces prodúcese o contrario. / Causas psicolóxicas: algúns cambios teñen a súa orixe na mentalidade ou educación dos falantes.

Palabras tabú: son termos evitados polos falantes porque designan realidades desagradables ou de carácter sagrado.

Eufemismo: emprego de palabras consideradas decorosas con connotacións pexorativas.

Mecanismos e consecuencias dos cambios

Mecanismos dos cambios semánticos: Metafora: traslado de significación por semellanza dos significados de dúas palabras / Metonimia: traslado de significado por contigüidade de significados / Etimoloxía popular: consiste en atribuir a unha palabra unha orixe que non é certa / Elipse: traslado de sentido por contigüidade de significantes que se empregan no mesmo contexto.

Consecuencias dos cambios semánticos: Extensión do significado: prodúcese cando unha palabra pasa de ter un significado específico a ser empregada nun sentido máis xeral. / Restricción do significado: unha palabra cun significado extenso pasa a usarse de xeito específico. / Desenvolvemento pexorativo: exemplo disto son as palabras coma imbécil que nas súas orixes tiña o sentido de feble. / Desenvolvemento meliorativo: caso contrario ao anterior: conde, en principio, significaba compañeiro e pasa a ser título nobiliario.

Bloques dialectais do galego

Bloque occidental, central e oriental

  • BLOQUE OCCIDENTAL: -camións/cans/irmán -seseo implosivo (ves, crus) -gheada -metafonía nominal -Colleches/vendeches/foches -TI
  • BLOQUE CENTRAL: -camiós/cas/irma -non seseo - -OI- -colliches/vendiches/fuches -ti/tu
  • BLOQUE ORIENTAL: -camiois/cais/irma -non seseo -cuatro/cuando/cual/paxarín -colliches/vendiches/fuches -ti/tu

Área Fisterrá, Mindoniense e Asturiana

  • ÁREA FISTERRÁ: -seseo total (sinco/faser) -cheismo -NORTE (Xallas) SUR (Tambre, Barbanza) - -UI- colliu/partiu
  • ÁREA MINDONIENSE: -cantemos/collemos/partemos -léxico particular: golpe (raposo) - -OI- colleu/parteu
  • ÁREA ASTURIANA: -animales/papeles -Artigo el/l' -veciu/vecia

Área Pontevedresa, Lucu-Auriense, Ancaresa e Zamorana

  • ÁREA PONTEVEDRESA: -seseo (costa) / non seseo (int) - Subarea de Miño: -UI-/-OI-/-OU-, vogal pechada (quero/neve/muller), isto, iso, aquilo. - Microsubarea Baixo Miño: cantandes/cantais, tu, teísmo.
  • ÁREA LUCU-AURIENSE: -iste, ise, aquil/il -culle, turce
  • ÁREA ANCARESA: -vogais nasais: caes, vecia, ua (cans, veciñas, unhas) -gheada
  • ÁREA ZAMORANA: -paxariño -collí/partí -teísmo

Descargar

PDF Word HTML