Arte do XVIII e a Revolución Francesa
Rococó e Neoclasicismo
Rococó: primeira metade do século XVIII. Estilo decorativo e inspirado nos temas da natureza cunha exuberancia que supera ao Barroco. O termo provén de rocaille (rocalla) e coquille (cuncha). En pintura destacan os franceses con temáticas frívolas e os paisaxistas venecianos. En arquitectura sobresaen os palacios dos príncipes alemáns.
Neoclasicismo: segunda metade do XVIII. Modelos da Antigüidade clásica e Renacemento. Estilo lóxico e racional de ton solemne e austero. Na arquitectura, os franceses constrúen edificios públicos imitando canons clásicos. Na pintura, lendas da Antigüidade grecolatina e, na escultura, técnicas depuradas e gran perfección. Racionalidade da política democrática.
A Revolución Francesa (1789)
En 1789, Francia contaba cun rei absolutista, Luís XVI, e unha sociedade estamental. As causas principais foron:
- Crise de subsistencia provocada polas malas colleitas e fames negras.
- Clases populares empobrecidas e finanzas da monarquía quebradas debido aos gastos da corte na guerra.
- Descontento da burguesía.
- Difusión de ideas ilustradas e a reforma fiscal que a monarquía impuxo para salvar as finanzas do Estado: todos pagan impostos.
Os Estados Xerais inauguráronse en maio de 1789. Neles votábase por estamentos. O Terceiro Estado reclamou o voto persoal e declarouse a Asemblea Nacional Constituínte o 20 de xuño. Houbo unha revolta popular de apoio á asemblea e, o 14 de xullo, produciuse o asalto da prisión da Bastilla. Proclamáronse os Dereitos do Home en 1791, a separación de poderes e a soberanía nacional baixo unha monarquía constitucional e o ascenso da burguesía.
A Primeira República e o Directorio
Os xirondinos concederon poderes políticos e liberdade económica á burguesía, o que causou un descontento que supuxo un novo estalido revolucionario en agosto de 1792 co asalto ao palacio das Tuileries. Os xacobinos aboliron a monarquía e instaurouse a República. A Convención Nacional redactou unha nova constitución con sufraxio universal masculino, leis sociais, control de prezos e exército profesional. Robespierre perseguiu os contrarrevolucionarios a través do Comité de Saúde Pública e tribunais revolucionarios con penas de morte.
O Directorio
A finais de 1794, a burguesía conservadora toma o control da revolución, aprobou unha constitución máis moderada e reinstaurou o sufraxio censitario. O Directorio estaba composto de cinco membros.