Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Xeoloxía

Principios da Estratigrafía e Historia Xeolóxica da Terra

Xeoloxía12,96 KB

Principios Fundamentais da Xeoloxía Histórica

O Actualismo

O Actualismo considera que as mesmas leis físicas, químicas e biolóxicas actúan igual hoxe que como o fixeron no pasado, con consecuencias similares. Por isto, os fenómenos que ocorreron no pasado deixaron nas rochas as mesmas pegadas que deixan os fenómenos actuais.

O Rexistro Estratigráfico

Todas as rochas achegan información valiosa para o seu estudo, pero son as sedimentarias as que máis achegan debido ás súas características.

A Evolución dunha Conca Sedimentaria

  1. Sedimentación: Depósitanse os sedimentos en capas superpostas. Cada unha foi resultado dun cambio no ambiente sedimentario. Entre elas, poden quedar restos ou pegadas de seres que viviron nesa época.
  2. Diaxénese,
...
Seguir lendo "Principios da Estratigrafía e Historia Xeolóxica da Terra" »

O Solo: Formación, Composición e Tipos

Xeoloxía5,03 KB

Interfaces nos Sistemas Naturais

As interfaces son zonas que limitan dous ou máis sistemas naturais. Distinguimos dous tipos de interfaces:

  • O solo: a parte máis superficial dos continentes. Orixínase debido á interacción entre os sistemas hidrosfera, atmosfera, xeosfera e biosfera. A principal propiedade do solo é a de constituír o soporte para a vexetación, á que lle subministra auga e nutrientes.
  • O litoral: a zona de contacto entre os continentes e os océanos. Na súa formación interveñen a xeosfera e a hidrosfera, aínda que tamén interactúan a atmosfera e a biosfera.

O Solo

É a capa superficial da codia terrestre, de grosor variable, que procede da alteración de rochas preexistentes, e sobre a que se desenvolve a cuberta vexetal....

Seguir lendo "O Solo: Formación, Composición e Tipos" »

Deformación das Rochas: tipos, causas e consecuencias na xeoloxía

Xeoloxía4,01 KB

As rochas deformanse: en xeoloxía denomínase esforzó ás presións dirixidas que teñen a deformar as rochas. A dinámica das placas e a gravidade son as causantes destes esforzos.

Diferéncianse tres tipos: compresión, tensión ou cizalla.
Entendemos por deformación o cambio de posición, forma ou volume que sofren as rochas ao ser sometidas a esforzo. Os materiais sólidos poden sufrir tres tipos de deformacións: elástica (o material deforma pero recupera a súa forma orixinal ao cesar o esforzo), plástica (o material deforma e non volve a recuperar a súa forma inicial) e rotura (o material perde a súa coherencia interna e fractúrase).
As rochas na natureza fractúranse ou dobranse porque, a pesar de ser ríxidas, poden ter un comportamento
...
Seguir lendo "Deformación das Rochas: tipos, causas e consecuencias na xeoloxía" »

Impacto Ambiental da Acción Humana: Contaminación e Cambio Climático

Xeoloxía5,28 KB

Repercusións Ambientais da Acción Humana

Na actualidade, moitas actividades humanas levan consigo grandes e graves consecuencias non desexadas, especialmente sobre o medio: a contaminación e o cambio climático quizais sexan dúas das máis preocupantes. Por esta razón, ás veces é necesario realizar avaliacións de impacto ambiental.

Contaminación: Tipos e Impactos

A contaminación é unha das maiores e máis negativas consecuencias ambientais e sociais que teñen as actividades humanas. Supón a introdución, nun medio calquera, dunha substancia en cantidade abonda como para xerar algún dano ou desequilibrio, irreversible ou non, e que pode ser prexudicial para a saúde, para a seguridade ou o benestar da poboación ou para a vida vexetal...

Seguir lendo "Impacto Ambiental da Acción Humana: Contaminación e Cambio Climático" »

Tsunamis, erupcións e inundacións: riscos

Xeoloxía4,02 KB

Que fai temible un tsunami?

  1. Move un enorme volume de auga. Mentres que as ondas producidas polo vento afectan só á capa superficial, as do tsunami moven a auga desde a superficie ao fondo. A lonxitude da onda do tsunami pode ser mil veces superior, de maneira que a auga de cada onda é incomparablemente maior.
  2. Propágase con pouca perda de intensidade. Isto fai que os seus efectos alcancen zonas moi distantes. Así, por importante que sexa un terremoto, os seus efectos catastróficos nunca chegarán a lugares situados a 1000 km do epicentro.
  3. Adoita producirse unha retirada do mar minutos antes da chegada das grandes ondas.

Un sistema de alerta de tsunamis

Cando aos científicos se lles pregunta se se repetirá un tsunami como o de 1775, adoitan...

Seguir lendo "Tsunamis, erupcións e inundacións: riscos" »

Capas da Terra, Deriva Continental e Riscos Xeolóxicos

Xeoloxía2,45 KB

Capas da Terra

1-Criterio xeoquímico

  • Codia: capa sólida e ríxida, formada por minerais e rochas (calcio, sodio). Ten 2 zonas:
    • Continental: 20-70 km de profundidade
    • Oceánica: 5-10 km de profundidade
  • Descontinuidade de Mohorovičić: separa a codia do manto
  • Manto: capa sólida, 82% do volume da terra, composta por rochas que conteñen ferro e minerais ricos en magnesio
  • Descontinuidade de Guttenberg: separa o manto do núcleo
  • Núcleo: 16% do volume da terra, pode superar os 5500 ºC, formado por ferro, níquel, etc.
  • Descontinuidade de Lehmann: separa o núcleo externo do núcleo interno

2-Criterio dinámico

  • Litosfera: codia e parte superior do manto, ata 100km baixo os continentes e 60km baixo os océanos
  • Astenosfera: 100-200km de profundidade
  • Manto inferior:
...
Seguir lendo "Capas da Terra, Deriva Continental e Riscos Xeolóxicos" »

Estrutura da Terra e procesos xeolóxicos

Xeoloxía3,52 KB

1. Formación dos planetas e capas da Terra

A) Proceso de formación dos planetas

  1. Formáronse os planetesimais por un proceso de agregación.
  2. Os planetesimais formaron corpos maiores, e estes uníronse entre si para formar os planetas.
  3. A Terra acabada de formar recibiu o impacto dun corpo de gran tamaño. O material arrancado formou un anel arredor da Terra.
  4. A Terra e a Lúa estaban hai 4.500 millóns de anos cunhas dimensións similares ás da actualidade.

B) Capas da Terra

  • A codia: Capa máis externa da xeosfera. Está formada por Si, O, Al, Na, K e Ca.
  • O manto: Máis denso, está formado por silicatos que conteñen Si, O, Fe e Mg.
  • Núcleo: Capa metálica e máis densa da Terra, formada por Fe e Ni.

Litosfera = Ríxida, Astenosfera = Plástica, Mesosfera...

Seguir lendo "Estrutura da Terra e procesos xeolóxicos" »

Formación de Cordilleiras e Tipos de Rochas Ígneas

Xeoloxía5,24 KB

Formación de Cordilleiras

A formación de cordilleiras pode ser de dous tipos principais:

Cordilleiras de Tipo Andino

Orixínanse nas marxes dun continente, onde a litosfera oceánica subduce baixo a litosfera continental. Tamén se chaman oróxenos de bordo continental. Os Andes son o mellor exemplo.

Proceso de Formación

  1. Sedimentos e rochas sedimentarias mariñas sen deformar avanzan á zona de subdución.
  2. A maioría dos sedimentos non subduce; dóbranse, fractúranse e acumúlanse, formando o prisma de acreción, que se incorpora ao continente.
  3. A calor pola fricción das placas e a presenza de auga favorecen a fusión parcial das rochas, formando magmas.
  4. Parte do magma sae á superficie e orixina volcáns; outra parte solidifica no interior e dá
...
Seguir lendo "Formación de Cordilleiras e Tipos de Rochas Ígneas" »

A Materia e a Enerxía no Universo

Xeoloxía5,55 KB

A materia normal está formada por átomos de elementos químicos. Entre un 70% e un 75% é hidróxeno, o elemento máis simple. O resto compóñena os 109 elementos restantes en diferentes porcións.

A materia escura constitúe un 21% do universo. Descoñécese a súa composición posto que non emite nin reflicte ningún tipo de luz ou radiación. Tampouco pode detectarse cos medios técnicos actuais. Considérase que se comporta como a materia común.

Os científicos postularon a súa existencia cando mediron a masa total de estrelas, po e gases dunha galaxia e comprobaron que nin era suficiente para poder explicar a intensidade das forzas gravitacionais que se dan na galaxia nin entre galaxias. Aínda non se atopou no laboratorio ningunha...

Seguir lendo "A Materia e a Enerxía no Universo" »