Xosé Pondal — Vida e obra do poeta do Rexurdimento
Contexto histórico
Despois dun longo período de tres séculos (XVI, XVII, XVIII), chamados os séculos escuros polas escasas mostras literarias en galego, iníciase no século XIX a recuperación da lingua e da literatura galegas co Rexurdimento. Pondal constitúe, xunto con Rosalía de Castro e Curros Enríquez, un dos tres grandes da literatura galega do século XIX.
Vida
Localidade e datas: Ponteceso, 1835–1917. Formación: matriculouse en lingua grega e cursou o bacharelato na Coruña. Mantivo contactos con rexionalistas na Cova Céltica (tertulia que se reunía na Coruña), onde o chamaban o Bardo.
Obras principais
- «A campana de Anllóns» — publicada en principio no álbum da caridade. É a historia dun home preso en Orán que sente