A Nova Narrativa Galega (1950–1960) — Autores e obras
A Nova Narrativa Galega (1950–1960)
A Nova Narrativa Galega orixinouse nas décadas 1950–1960. Europa atopábase en plena posguerra e vivíanse os anos da chamada Guerra Fría, momento de enfrontamento entre o bloque dos países socialistas e o dos países capitalistas. En Galicia a ditadura franquista xeraba represión e medo; a situación era grave e a emigración seguía a ser a principal saída para moitos galegos.
Contexto e características
Os autores da NNG pertencían á pequena burguesía, publicaban na colección Illa Nova da editorial Galaxia, participaban nas Festas Minervais e colaboraban no xornal La Noche. Adaptáronse á literatura galega as correntes máis modernas, incorporando técnicas narrativas e temas que en Europa e...