Principais Cancioneiros Medievais Galego-Portugueses
Cancioneiros Principais
Cancioneiro de Ajuda: Composto durante as últimas décadas do século XIII. É un manuscrito de pergamiño que está incompleto, xa que faltan bastantes follas e carece dos nomes dos autores, da notación musical e dalgunhas miniaturas. Contén 310 cantigas de amor e consérvase na Biblioteca do Pazo Real da Ajuda en Lisboa, onde foi atopado.
Cancioneiro da Biblioteca Nacional, tamén chamado Colocci-Brancuti, porque foi o humanista italiano Angelo Colocci quen encargou a súa compilación e se atopou na biblioteca dos condes de Brancuti. Foi copiado en Italia a principios do século XVI e constitúe o máis completo repertorio da nosa lírica profana, xa que contén, ademais das 1205 cantigas do Cancioneiro da Vaticana,...