Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Matemáticas de Bacharelato

Morfemas do Adxectivo: Xénero, Número e Grao

Matemáticas4,64 KB

O Xénero

Os morfemas de xénero do adxectivo son, no básico, iguais aos do substantivo: alto/alta, nu/núa, ... As palabras que poden ser substantivos ou adxectivos seguen as regras de formación do feminino do substantivo: francés/francesa... Con todo, convén salientar algúns trazos:

  • Algúns adxectivos rematados en -un forman o feminino en –cia: vacún/vacúa.
  • Algúns adxectivos rematados en -dor e -tor no feminino cambian esta terminación por -triz ou ben engaden -a, consonte a regra xeral: motor/motriz.
  • Os adxectivos rematados en –a, –e, –z ou -l son invariables (nudista, ceibe). Tamén son invariables algúns dos rematados en –r (exceptuados -dar, -tor e -sor) e a maior parte dos rematados en –és que non son tamén substantivos:
...
Seguir lendo "Morfemas do Adxectivo: Xénero, Número e Grao" »

Sociedade Galega do Século XIX e Rexurdimento: Características e Figuras

Matemáticas4,54 KB

Características da Sociedade Galega do Século XIX

Sinala 4 características da sociedade galega do século XIX: Galicia no século XIX é un país eminentemente rural, cunha economía precapitalista, case exclusivamente agraria e mariñeira. A propiedade da terra segue a articularse arredor dos foros (situación que non modificará a desamortización) e un réxime de minifundio.

A Emigración como Factor Demográfico

Por que a emigración foi un factor demográfico determinante? Só nos 10 anos que transcorren entre 1885-1895, abandonaron Galicia rumbo a países como Arxentina, Uruguai, Cuba ou Brasil máis de 165.000 persoas. Aínda que houbo quen fixo fortuna, a meirande parte dos emigrantes volvían avellentados e case tan pobres como marcharan....

Seguir lendo "Sociedade Galega do Século XIX e Rexurdimento: Características e Figuras" »

Vocabulario Galego Esencial: Termos e Definicións

Matemáticas3,51 KB

  • Lapada

    Golpe dado na cara coa man aberta.

  • Fochicar

    Escarvar na terra.

  • Enlear

    Envolver de maneira desordenada, formando unha lea.

  • Dique

    Obra de construción que permite poñer os barcos en seco para reparalos.

  • Arrepío

    Estremecemento causado polo frío, medo, etc.

  • Aceno

    Movemento que se fai para expresar algo sen palabras.

  • Cirola

    Pantalón masculino que vai da cintura ao xeonllo.

  • Ronsel

    Marca que deixa unha embarcación pola popa.

  • Surrealista

    Persoa que pretende liberar a arte de toda atadura racional, moral e estética que abarca a creación no máis profundo do home.

  • Amalló

    Cordón que se usa para atar o calzado ou para suxeitar algo.

  • Agasallar

    Tratar ou acoller con hospitalidade, mostras de atención e cortesía.

  • Bosquexo

    Debuxo feito só cos trazos esenciais.

...

Seguir lendo "Vocabulario Galego Esencial: Termos e Definicións" »

Galicia na Baixa Idade Media: Crise, Transformación e Resistencia Cultural

Matemáticas3,71 KB

Galicia a fins da Idade Media

Concorda un certo número de historiadores en sinalar o século XV como un momento determinante na historia do noso país. E isto por un dobre motivo: porque os acontecementos que nesa época tiveron lugar determinan a súa proxección durante a Idade Moderna; e porque a denominada por eles "frustración do século XV" viría condicionar o devir de Galicia ata a actualidade.

O Reino de Galicia na Coroa de Castela

En 1230, Fernando III reuniu definitivamente, baixo un só cetro, os territorios de Galicia-León e Castela. Ademais, a acción conquistadora permitiulle ao monarca ampliar os seus dominios logo da toma de Córdoba e Sevilla. A partir dese momento, tan só o reino de Granada ía permanecer, ata 1492, como...

Seguir lendo "Galicia na Baixa Idade Media: Crise, Transformación e Resistencia Cultural" »

Épica Clásica: Grega e Latina, Características e Autores

Matemáticas2,71 KB

Épica Clásica

Épica Grega

Testemuña literaria máis antiga da literatura grega que narra as fazañas de heroes que representan a aristocracia guerreira. Son cantadas polos aedos, poetas orais profesionais que se acompañaban de música. Homero, principal autor, recolleu esta tradición entre os séculos IX e VIII a.C., aínda que os feitos se remontan ao século XII a.C. A pesar de recoller unha tradición oral, é recoñecible a man do poeta por trazos característicos de organización das accións, etc.

Trazos en común da Íliada e da Odisea:

  • Os protagonistas son heroes dedicados á guerra e movidos pola recuperación do honor.
  • Importancia da amizade.
  • Todo aquilo do que se fala é real.
  • Dous planos paralelos de acción: o dos humanos e o dos
...
Seguir lendo "Épica Clásica: Grega e Latina, Características e Autores" »

Literatura Galega: Do século XVII á Ilustración

Matemáticas3,6 KB

En 1671 aparece o Entremés famoso sobre a pesca no río Miño, a primeira obra teatral en galego. Escribiuna Gabriel Feixóo de Arauxo e é unha pequena peza teatral que se representaba no descanso entre dous actos dalgunhas obras. Trata un conflito entre pescadores galegos e portugueses polas zonas de pesca no río Miño. É unha obra cómica e lixeira.

No século XVII aparece o vilancico de Nadal en lingua galega. Os vilancicos son composicións poético-musicais que se cantaban polas rúas e nas catedrais. O vilancico é un xénero entre o culto e o popular, xa que presenta un estilo culto con formas populares co fin de universalizalos.

Aparecen en Lisboa, Madrid e Sevilla. En Lisboa e Madrid aparecen nas cortes reais e en Sevilla aparecen...

Seguir lendo "Literatura Galega: Do século XVII á Ilustración" »

A Filosofía de Marx: Capitalismo, Clases e Plusvalía

Matemáticas3,26 KB

A Filosofía Materialista de Karl Marx

Contexto: A Revolución Industrial

A filosofía de Marx é unha interpretación materialista da sociedade moderna, onde xurdiron diversos cambios que levaron o mundo feudal ao moderno, no que foi chamada a Revolución Industrial. Este mesmo proceso económico estendeuse de modo sucesivo coas melloras de técnicas na agricultura, que levaron a un aumento da produción de alimentos e da poboación. O excedente de poboación vese forzado a emigrar cara ás cidades.

Logo, sucede un incremento da capacidade produtiva polo uso de novas máquinas, que produce tamén a diminución do número de traballadores. Estes cambios económicos van acompañados por outros, como que a terra se converte nunha mercadoría, nunha...

Seguir lendo "A Filosofía de Marx: Capitalismo, Clases e Plusvalía" »