Épica Clásica: Grega e Latina, Características e Autores

Matemáticas2,71 KB

Épica Clásica

Épica Grega

Testemuña literaria máis antiga da literatura grega que narra as fazañas de heroes que representan a aristocracia guerreira. Son cantadas polos aedos, poetas orais profesionais que se acompañaban de música. Homero, principal autor, recolleu esta tradición entre os séculos IX e VIII a.C., aínda que os feitos se remontan ao século XII a.C. A pesar de recoller unha tradición oral, é recoñecible a man do poeta por trazos característicos de organización das accións, etc.

Trazos en común da Íliada e da Odisea:

  • Os protagonistas son heroes dedicados á guerra e movidos pola recuperación do honor.
  • Importancia da amizade.
  • Todo aquilo do que se fala é real.
  • Dous planos paralelos de acción: o dos humanos e o dos deuses.
  • A acción responde ao esquema causa-efecto.

A Íliada conta cincuenta e un días do último ano da guerra de Troia, despois dun asedio na cidade. Alí, desenvólvese un conflito de honra que se fai ver cando Aquiles é ofendido por Agamenón, xefe grego, na disputa por Briseida, unha escrava de Aquiles. Aquiles deixa a batalla e no seu lugar vai o seu amigo Patroclo, que é asasinado por Héctor. Despois deste intre, Aquiles decide volver á batalla en vinganza do seu amigo, mata a Héctor. A honra perdida é recuperada grazas á acción e á intelixencia.

A Odisea comeza ao final da guerra de Troia e transcorre en corenta e un días. Ulises, tras volver á súa terra, pasa por moitos lugares fantásticos e ocorrenlle moitas aventuras. En Ítaca espérao Penélope, que se encontraba asediada polos diferentes pretendentes. Esta obra divídese en tres partes: as pesquisas de Telémaco (fillo de Ulises); as navegacións do heroe, e a vinganza de Ulises sobre os pretendentes de Penélope.

Épica Latina

Este xénero épico é desenvolvido en Roma e podemos captar a influencia homérica e a novidade de incorporar a historia nacional como argumento épico. O principal autor é Virxilio que escribe a Eneida, poema épico en hexámetros que ía eclipsar todas as obras épicas precedentes de escritores romanos e ía fixar as características do xénero para os escritores épicos posteriores. O tema central é a lenda de Eneas, heroe troiano que sobreviviu por mandato dos deuses á destrución de Troia. Nunha longa viaxe, fundou un asentamento troiano en Italia. Virxilio relacionaba esta cos da cultura grega. A Eneida é un poema de moita complexidade, que o autor logra unir no poema o presente e o pasado. É un poema que enaltece os sentimentos de piedade e relación, características de Roma e que Augusto tentaba restaurar.

Descargar

PDF Word HTML