Locucións latinas e o seu significado
In vino veritas: “No viño está a verdade”. Quérese indicar que cando un bebe demasiado di as verdades que non diría estando sobrio.
Interim: “Entre tanto”. Intervalo de tempo.
Ipso facto: “Polo feito mesmo”. Inmediatamente, no acto.
Lapsus calami: “Esvarón”. Erro ou esquecemento na escritura. Lapsus linguae: “Esvarón”. Erro ou esquecemento na dicción.
Lato sensu: “En sentido lato”, “no amplo sentido da palabra”. En oposición a strictu sensu.
Manu militari: “Con man militar”. En momentos de guerra ou de estado de excepción confíanse á xustiza militar delitos que normalmente son xulgados por tribunais civís. Tamén se pode empregar no sentido de “con man dura”, “pola...