Locucións latinas: significado e uso común

Latín9,33 KB

Locucións latinas e o seu significado

In vino veritas: “No viño está a verdade”. Quérese indicar que cando un bebe demasiado di as verdades que non diría estando sobrio.

Interim: “Entre tanto”. Intervalo de tempo.

Ipso facto: “Polo feito mesmo”. Inmediatamente, no acto.

Lapsus calami: “Esvarón”. Erro ou esquecemento na escritura. Lapsus linguae: “Esvarón”. Erro ou esquecemento na dicción.

Lato sensu: “En sentido lato”, “no amplo sentido da palabra”. En oposición a strictu sensu.

Manu militari: “Con man militar”. En momentos de guerra ou de estado de excepción confíanse á xustiza militar delitos que normalmente son xulgados por tribunais civís. Tamén se pode empregar no sentido de “con man dura”, “pola forza”, etc.

Mea culpa: “Pola miña culpa”. Utilízase para admitir a responsabilidade nun erro.

Memento mori: “Acorda que has de morrer”. Sóeselle dar este nome a unha caveira considerada como símbolo da morte que aparece en moitas obras de arte, principalmente cadros.

Modus operandi: “Modo de operar”. Maneira de traballar, de actuar.

Modus vivendi: “Modo de vivir”. Maneira de gañarse a vida.

Motu proprio: “Por propio movemento”. Voluntariamente, por propia iniciativa.

Mutatis mutandis: “Cambiadas (as cousas) que deben ser cambiadas”. Salvando as distancias... (o feito é o mesmo pero cambian as circunstancias, tempo, lugares, etc.)

Nemine discrepante: “Sen ninguén que discrepe”. Por unanimidade. Emprégase por exemplo para cualificar a aprobación dun acordo ou acta cando non hai ningunha persoa que se manifeste en contra.

Nihil obstat: “Nada o impide”. Autorización para celebrar determinados actos.

Noli me tangere: “Non me toques”. Palabras de Cristo a Magdalena no sepulcro. En escultura, representación de Cristo aparecéndoselle a Magdalena. En medicina, chagas que empeoran ao tocalas.

Non plus ultra: Inscrición de Hércules no estreito de Xibraltar, para indicar que non había terra "máis alá". Úsase tamén para indicar que se acada a máxima perfección.

Nosce te ipsum: "Coñécete a ti mesmo". Tradución latina da máxima inscrita no frontispicio do templo de Apolo en Delfos, atribuída a Tales. Expresa que o principio da sabedoría reside no coñecemento profundo dun mesmo.

Numerus clausus: "Número pechado", "cantidade limitada". Aplícase especialmente ao número limitado de admisión de alumnos para ingresar nunha institución (v.gr. a Universidade).

Opere citato: "Na obra citada". Sóese empregar nas notas a pé de páxina para referirse á obra dun autor citada en pasaxes anteriores.

O tempora! o mores!: "Oh tempos, oh costumes!". Famosa frase de Cicerón contra a corrupción e perversidade dos homes do seu tempo.

Panem et circenses: "Pan e circo". Palabras utilizadas por Xuvenal para dirixirse aos romanos que só pedían alimento e diversión, que lles mantiñan distraídos da política.

Peccata minuta: "Pequenos pecados ou faltas”. Cousas sen importancia nunha negociación ou na actuación dunha persoa.

Per se: "Por si mesmo", "esencialmente". Oposto a per accidens.

Primum vivere, deinde philosophare: "Primeiro vivir, despois filosofar". Precepto dos antigos, co que se burlaban das persoas que só sabían discutir, e non eran capaces de conquerir os medios de subsistencia para si mesmos.

Pro indiviso: "Sen dividir". Dise das cousas, obxectos ou cantidades de diñeiro que non se poden dividir entre os propietarios.

Quorum: "Dos cales". É abreviación da frase quorum praesentia sufficit ("dos cales a presencia é suficiente"), que se usa para indicar o número necesario de asistentes a unha reunión para que as súas decisións sexan válidas.

R.I.P. (requiescat in pace): "Descanse en paz". Inscrición habitual nas lápidas funerarias.

Referendum: abreviación de ad referendum "Para consultar". Sometemento dunha cuestión a todo o conxunto dos votantes, normalmente unha pregunta con dúas opcións.

S.P.Q.R. (Senatus Populusque Romanus): "O Senado e o pobo romano". Foi o emblema dos estandartes das lexións romanas, o nome oficial da República romana e do imperio romano, que despois de 2.500 anos podemos aínda atopar nas alcantarillas da Roma actual.

Si vis pacem, para bellum: "Se queres a paz, prepara a guerra". Se queres evitar que te ataquen, o mellor é que te poñas en garda.

Sic transit gloria mundi: "Así pasa a gloria do mundo". É unha reflexión sobre a fugacidade da vida e o efémero da gloria das cousas terreais.

Sine cura: "Sen preocupacións". Dise dos cargos que só teñen vantaxes, e non conlevan ningunha responsabilidade.

Sine die: "Sen data fixada". Dise dunha reunión aprazada ou dun xuízo para o que non hai posta data.

Sit tibi terra levis (S.T.T.L.): "Que a terra che sexa lixeira". Era unha inscrición moi frecuente nas tumbas da antiga Roma.

Sponte sua: "Por propia iniciativa, espontaneamente".

Statu quo: "Situación na que". No estado actual, na situación do momento, no mesmo estado.

Strictu sensu: "En sentido rigoroso". Sen ter en consideración todos os elementos que se poden engadir. En oposición a latu sensu.

Sub iudice: “Baixo a xurisdición do xuíz”. Hai que esperar a que o xuíz emita o seu veredicto e absterse de formular xuízos que poidan ser contraditos pola decisión deste.

Sui generis: "De xénero propio". Refírese a alguén ou a algo que é moi especial, moi particular no seu aspecto ou características.

Summum ius, summa iniuria: "Suprema xustiza, suprema inxustiza". Principio do dereito que indica que levar a xustiza aos seus máximos extremos pode resultar inxusto.

Superavit: "O que sobrou". Sobre todo en economía, cando se produce un exceso do haber sobre o debe nun balance económico (os ingresos superan aos gastos). O seu oposto é deficit.

Suum cuique (tribuere): "(Dar) a cada un o seu". É o terceiro dos tres preceptos do dereito romano; os outros dous son: honeste vivere e alterum non laedere.

Tamquam tabula rasa: "Como unha táboa rasa". Estado da alma antes de recibir as sensacións. Fai referencia a esquecer todo o pasado e comezar de novo, como nunha superficie lisa.

Tempus fugit: O tempo escápase, invitando a non perdelo. A expresión aparece por primeira vez nos escritos das Xeórxicas, poema escrito polo poeta Virxilio.

Totum revolutum: "Todo revolto". Emprégase para referirse ao desorde que hai nalgún sitio. Confusión total, desorde, caos.

Tu quoque, fili mi: "Ti tamén, meu fillo". Frase pronunciada por César cando viu a Bruto co puñal para participar no seu asasinato.

Ultimatum: É xeralmente a demanda final dunha serie de peticións sobre as que non haberá ningunha negociación posterior.

Urbi et orbi: "Para a cidade e para o mundo". Dise xeralmente da bendición papal, que se estende ao mundo enteiro.

Ut infra: "Como abaixo". Úsase para facer referencia a algo que está máis adiante nun escrito.

Ut supra: "Como arriba". Componse do adverbio supra precedido do adverbio modal ut, que significa como. Emprégase nos escritos para indicar que algo foi dito antes, é dicir, máis arriba.

Veni, vidi, vici: "Cheguei, vin, vencín". Utilízase esta expresión para indicar o fácil que resultou unha tarefa emprendida. Son palabras de Suetonio, postas en boca de César cando comunica ao Senado que ten acadada a victoria sobre Farnaces, rei do Ponto, no ano 47 a.C.

Verba volant, scripta manent: “As palabras voan, os escritos permanecen”. Proverbio que suxire que o que se escribe débese pensar dúas veces ou tamén que non debemos confiar en aquilo que non foi posto nun papel.

Verbi gratia: "A modo de exemplo". Acostúmase utilizar a súa abreviatura v. gr. cando se quere ilustrar cun exemplo o que se está a dicir.

Vice versa: "Cambiado o turno". Son dúas palabras, esta vez en ablativo, que expresan un complemento circunstancial.

Viva voce: “De viva voz”. Oralmente, en oposición ao escrito.

Vox populi: “Voz do pobo”. Calquera rumor que está en boca de todos. É tamén abreviatura de vox populi, vox dei “a voz do pobo é a voz de Dios", que atopamos nunha carta de Acuino a Carlomagno.

Descargar

PDF Word HTML