Texto e espectáculo: dramaturxia e escenificación
Texto e espectáculo
Dramaturxia: arte da composición de obras dramáticas; traballo de análise e interpretación dos materiais dramáticos cos que opera a escenificación.
Escenificación: arte da composición escénica de espectáculos teatrais a partir de elementos expresivos de toda mena; autoría teatral autónoma, capacitada para crear, se convén, desligada da histórica submisión á obra dramática escrita.
Texto literario e texto espectacular
Texto teatral: escrito que contén as enunciacións verbais concretas que configuran os enunciados dunha ficción dramática e un conxunto de datos escénicos sobre a contextualización espacial, temporal, visual e rítmica (acotacións, didascalias e díctics). O proceso teatral inicia xeralmente...