Patoloxías musculoesqueléticas e solo pélvico no embarazo
Alteracións musculoesqueléticas no embarazo
Separación da sínfise pubiana: maior a 10 mm, con compromiso ligamentoso.
Cóccix: os cambios aseméllanse aos dunha persoa con obesidade. O peso predisponse á disfunción coxíxea, existindo un alto risco de luxación.
Patoloxías musculoesqueléticas máis comúns
- Síndrome do túnel carpiano: resultado do edema e da compresión. Dáse con maior frecuencia no terceiro trimestre e de xeito bilateral. Trátase dunha condición xerada polo aumento de presión ou atrapamento do nervio mediano/radial a nivel do pulso.
- Síntomas: durmimento dos dedos polgar, índice, medio e anular; sensación de corrente, diminución da forza e dor no brazo, man e dedos.
- Tratamento (TTO): repouso de man e pulso durante