Idade de ferro na península Ibérica: pobos prerromanos e arte romana
IDADE DE FERRO
A protohistoria é o período de transición entre a Prehistoria e a Historia. Introdución da escritura en culturas que aínda non desenvolveron un sistema de escritura.
A idade de ferro corresponde desde o 1000 a. C. ata a conquista polos romanos. Esta época caracterízase pola cantidade de pobos repartidos pola península (pobos prerromanos).
Pobos iberos: zona mediterránea e sur peninsular, estiveron en contacto cos gregos, fenicios e cartaxineses. Posuían unha economía baseada na agricultura, a gandaría, a minaría e o comercio.
Pobos celtas: procedían de Centroeuropa e penetraron na península Ibérica polo norte, atopándose cunha cultura local coa que se fusionaron. Galaicos, astures e cántabros; e na zona centro,