A vida e obra de Curros Enríquez
Curros: Celanova (Ourense) infancia marcada pola súa actitude tradicionalista e intransixente do pai. Aos quince anos marchou a Madrid a rematar o bacharelato e a iniciar a carreira de Dereito. Ten que exiliarse; posteriormente volveu a Ourense. A súa vida laboral centrouse case por completo no xornalismo. Fundou con Francisco Añón e outros autores "Galicia Literaria".
En 1880 publicou "Aires da miña terra", obra que o consagrou como literato. Por mor da publicación sufriu represalias políticas que o levaron a perder o traballo. Iso motivou que volvese a Madrid.
Aires da miña terra:
Poesía cívico-social: Tres aspectos: galeguismo, defendeu Galiza, as súas xentes e a súa cultura; anticlericalismo, considerou necesaria a liberdade de pensamento e a práctica máis primitiva e natural da relixión, o fanatismo e a superstición; anticaciquismo, defendeu o dereito do campesiñado galego a acceder á propiedade da terra, á educación e a pagar menos impostos.
Poesía intimista e de circunstancias: Expon os sentimentos que lle provocan diferentes circunstancias familiares, como o nacemento do seu primeiro fillo ou a morte do segundo fillo e da súa nai, nos dous poemas dedicados á morte de Rosalía.
Poesía costumista: Destacan os tres longos poemas cos que gañou o certame de Ourense: "A virxe do cristal", que versifica unha lenda tradicional de Celanova; "Unha voda en Einibón"; e "O gueiteiro de Penalta", en que se describe un tipo popular. O costumismo pode aparecer noutros poemas, pero nunca como tema principal, senón como o medio dunha denuncia.
O divino sainete:
Extenso poema narrativo de intención satírica e burlesca que narra unha imaxinaria viaxe en tren a Roma para entrevistarse co Papa. O libro artículase como unha parodia da Divina Comedia. Do mesmo xeito que nesta obra, Dante é guiado polo poeta Virxilio na súa viaxe; Curros é guiado por Francisco Añón.
Pretende:
- Facer unha crítica da Igrexa Católica, das institucións de goberno e dos sectores máis reaccionarios da sociedade.
- Realizar unha defensa do rexurdimento e das súas principais figuras.
- Satirizar determinados inimigos persoais.
Lingua e estilo
Lingua: Trazos dialectais da zona de Celanova, léxico e sintaxe sinxelos, evitando os castelanismos. Estilo: Claro e sinxelón; a poesía cívica e satírica predominan, así como a ironía, a metáfora degradante e o emprego do epíteto. Nas comparacións nos poemas de estilo popular, utiliza o paralelismo, a repetición e a anáfora.