Teorías do Estado Moderno e a Xustiza

Filosofía e ética2,35 KB

Estado Moderno

Hobbes

  • Situación inicial: guerra de todos contra todos.
  • Contrato político: entre todos os individuos a favor dun soberano con poder ilimitado.
  • Fins do estado resultante: estado como garante de paz, da orde e da seguridade.

Locke

  • Todos teñen dereitos naturais á vida.
  • Dobre contrato: entre todos os individuos para crear o estado e entre os individuos e os gobernantes.
  • Estado como axencia protectora que evite que cada individuo tome a xustiza pola man.

Rousseau

  • Igualdade natural de individuos illados, pero hai problemas de subsistencia.
  • Entre todos os cidadáns a favor da comunidade.
  • Estado como expresión da vontade xeral da comunidade unida. O pobo debe participar nas decisións.

Xustiza

Platón

Considera que a xustiza alcánzase cando os tres grupos sociais principais cumpren o cometido que lles corresponde:

  • Os gobernantes han de cultivar as virtudes da prudencia e a busca permanente da sabedoría e dese modo gobernarán rectamente.
  • Os gardiáns, encargados de velar pola defensa exterior e pola orde interna, teñen que cultivar sobre todo as virtudes militares, especialmente a valentía.
  • Os artesáns e agricultores teñen que producir os bens materiais que compren para a subsistencia, cultivando a virtude da temperanza.

En síntese, Platón cre que a xustiza social é a harmonía resultante de que cada cal cumpra virtuosamente coa misión específica que lle corresponda na sociedade.

Aristóteles

  • Xustiza distribuidora: refírese á igualdade ou equilibrio na repartición das cargas e beneficios entre membros da comunidade.
  • Xustiza conmutativa: relaciónase co intercambio de bens e é rexida pola igualdade de valor.
  • Xustiza correctiva: relativa ao equilibrio ou proporción entre o delito e o seu correspondente castigo.

Aquino

Mantén que a xustiza consiste en cumprir dous tipos de leis:

  • Lei natural: que é a que nos mostra a razón e a que nos orienta a buscar o ben e evitar o mal.
  • Lei positiva: que é a que establecen as autoridades e que debe estar baseada na lei natural porque, en caso contrario, non sería unha lei xusta.

Descargar

PDF Word HTML