Teoría do Estado de Natureza segundo Locke
Locke desenvolveu a teoría do estado de natureza, un estado de perfecta liberdade no que todos son libres. Defende que neste estado ninguén vai atentar contra a vida, a saúde, a liberdade e as posesións doutro. Contrariamente a Hobbes, Locke afirma que o estado de natureza é relativamente pacífico, un estado de feito, unha situación perfectible. Contrariamente a Hobbes tamén, Locke defende que a propiedade privada exista no estado de natureza.
Segundo Locke, é o home industrioso e razoable e non a natureza quen está na orixe de case todo o que ten valor, defendendo que a propiedade é natural e beneficiaria non só para o propietario, senón tamén para todos os demais. Defende que a propiedade privada é un dereito natural tan primitivo como o dereito á vida ou á saúde. Para garantir a propiedade, os homes saen do estado de natureza e constitúen unha sociedade civil co obxectivo principal de conservar a sociedade e prohibir a todos os homes invadir os dereitos doutros. O poder político é entendible coma o dereito de ditar leis para a regulación e salvagarda da propiedade privada e para empregar a forza da comunidade para defender o Estado contra agresións exteriores en prol e manter o ben e a orde pública. A liberdade do home no estado civil consiste en non estar sometido a máis poder lexislativo que o establecido nun acordo común. Os gobernantes están ao servizo da comunidade e teñen o obxectivo de asegurar o benestar e a prosperidade.
Contrato Social
Locke di que aqueles que queren a plena realización dos principios do dereito natural formen unha sociedade e a organicen segundo regras comúns. Os propietarios son os encargados de definir o poder público encargado de establecer o dereito natural. Teñen tarefas como lexisladores, co obxectivo de fixar as leis do Estado ou a súa constitución, así como as sancións; e coma gobernantes, tomando decisións de guerra e paz, mantendo a seguridade dos cidadáns etc... Todos os homes son libres e dependentes por natureza, pero cando forman unha sociedade, pasan a constituir un corpo político no que é a maioría quen ten dereito a actuar e decidir. Os propietarios deciden sobre a natureza do corpo lexislativo e do goberno, así como aqueles a quen otorgan os poderes para desempeñar as tarefas. O poder lexislativo terá por orixe a necesidade de conservar a liberdade dos membros da comunidade e como esixencias lexislar igual para todo o mundo. O poder executivo e lexislativo non deben estar nas mesmas mans e ten que haber impostos para custear os gastos do Estado. A persoa que encabeza o executivo é o representante do Estado: o monarca constitucional. Será o pobo quen xulgará se o monarca actúa contrariamente ao seu labor. O poder de elección ha de ser sempre exercido polo pobo.