Soneto a filida
Autores: -O cura de Fruime: figura literaria mais prestixiosa de Galicia do seculo XVIII.Actitude clara e enerxica en defensa de Galicia contra os agravios que os foraneos lle inflixian.Tiña 2 tons diferentes:-enerxico e serio e outro humoristico,e é este ultimo o que predomina en todas as suas composicions,case sempre pezas breves,en decimas,poemas de circunstancias,de satira benévola e de lingua sinxela e coloquial.Escribiu tamen teatro.-Martin Sarmiento: inaugura unha nova etapa tanto polo seu amor pola linga galega como polas suas novas ideas.En 1745 viaxa a Galicia,percorréndoa durante 7 meses,observando todo tipo de plantas,animais e vexetais,tomando nota dos seus nomes en galego.De aqui xurdirá o seu Viaje a Galicia e un conxunto de textos,como as Coplas a 24 gallegos rústicos ou o Catálogo de voces y frases de la lengua gallega.O seu traballo contribúe a redescubrir o valor da lingua e literaturas galegas,o que terá gran transcendencia no futuro.Redescobre así a outra literatura galega,a literatura popular,á que concede gran valor como fonte idiomática,instrumento pedagóxico e manancial de coñecemento.A súa maior contribución ao galego foron as 1200 coplas do Coloquio de 24 gallegos rústicos,feitas para compendiar un vocabulario galego,pois pretende escribir igual que o pobo que falaba.-Cornide Saavedra:Ilustrado que destacou na sua época como historiador,xeógrafo e economista,pero que tamen se preocupou por temas educativos e de historia e de historia natural.Interesouse pola lingua galega.No seu Catálogo de palabras gallegas recolle coplas de tradicion popular.Escribiu 3 poemas,unha composicion longa en dezasete decimas describindo a representacion dunha comedia en Sada,unha decima satírica e un soneto neoclásico,A Filida,o mellor texto literario do século XVIII