Rusia Prerrevolucionaria: Causas e Oposición ao Tsarismo

Historia3,96 KB

A Situación de Rusia antes da Revolución

Política na Rusia Tsarista

A política era a dunha autocracia baseada nunha monarquía de dereito divino, onde o Tsar exercía o poder absoluto. A clase dominante estaba composta pola nobreza terratenente (entre os que se atopaba o Tsar, que posuía máis de 6 mil millóns de acres), unha reducida burguesía industrial e comercial, os grandes propietarios agrarios non nobres (os kulaks), os altos cargos da administración e do exército, e a Igrexa Ortodoxa, da que o Tsar era xefe supremo.

Estrutura Económica e Social

A súa estrutura económica e social reflectía a dunha sociedade onde a maior parte da poboación era campesiña (máis do 80%) e onde a escasa poboación urbana concentrábase en cidades como Moscova e San Petersburgo.

A Oposición Política ao Tsarismo

  • Os populistas (1870): Integrada por intelectuais e membros da pequena burguesía, que pretendían crear unha conciencia revolucionaria campesiña postulando unha revolución non violenta e reclamando a implantación dun socialismo agrario.
  • O Partido Socialista Revolucionario: Vencellados orixinariamente ao populismo, o seu máximo líder foi Kerenski. Defendían a revolución campesiña tras unha fase de desenvolvemento do capitalismo. A súa base social era o campesiñado, xa que a súa reivindicación principal era a colectivización das terras. Tamén tiñan apoios dentro dos obreiros industriais.
  • O Partido Constitucionalista Democrático: Arraigado entre as clases medias das cidades. Era un partido de corte liberal-burgués que tiña como modelo as revolucións liberais de Europa. Aspiraba á implantación dunha república parlamentaria.
  • O Partido Obreiro Socialdemócrata Ruso: Con Lenin como un dos seus líderes. En 1903, este partido sofre unha escisión que o dividiu en dúas tendencias:
    • Os menxeviques: Aceptaban establecer compromisos coa sociedade burguesa e defendían a idea de que Rusia debería pasar por unha fase de revolución burguesa que acabara coa autocracia dos zares antes de chegar á revolución socialista.
    • Os bolxeviques: Negaban os pactos coa burguesía, confiaban a dirección do movemento revolucionario a unha minoría de activistas e pensaban que non era necesaria esa fase de poder burgués e que era posible o “salto” á revolución proletaria e, polo tanto, á revolución socialista.

    A corrente bolxevique, dirixida por Lenin, será a que se impoña finalmente e liderará a revolución de outubro de 1917.

Antecedentes da Revolución Bolxevique

Foron esencialmente tres: a derrota na guerra ruso-xaponesa de 1904, a revolución de 1905 e a entrada de Rusia na I Guerra Mundial.

A Guerra Ruso-Xaponesa

Guerra que se mantivo contra Xapón polo control de Corea e Manchuria.

A Revolución de 1905

Coñecida como o “domingo sanguento”.

O Goberno Provisional e as Teses de Abril

Coa caída do Tsar prodúcese un colapso do Estado que vai aumentar a inestabilidade política. Os obxectivos deste goberno serán fundamentalmente catro: transformar a estrutura política do Estado pero sen alterar a orde económica e social, elaborar unha constitución de corte liberal-burgués, gañar a guerra e, sobre todo, deter a revolución.

Lenin e as Teses de Abril

En abril de 1917, Lenin regresa do seu exilio en Suíza e lanza as súas famosas teses de abril ao tempo que realiza unha durísima crítica aos menxeviques e social-revolucionarios por apoiar ao goberno provisional, e fai un chamamento a loitar contra a guerra e a romper todo apoio ao goberno provisional para construír unha república dos soviets.

Descargar

PDF Word HTML