Revolución Industrial en Gran Bretaña: Banca, Téxtil e Siderurxia

Historia2,86 KB

Influencia bancaria

O labor do Banco de Inglaterra foi decisivo debido a:

  • Prestaba o diñeiro necesario para a política económica e exterior. Dirixía a emisión de Débeda Pública e participaba na dirección das actividades financeiras estatais.
  • O Banco de Inglaterra podía intervir nos negocios das compañías relacionados con monopolios comerciais autorizados polo Estado.
  • Era o depositario das reservas de ouro e prata.

Revolución siderúrxica e téxtil

Estas foron as grandes protagonistas da primeira revolución industrial. Os sectores líderes foron o algodón, o ferro e a máquina de vapor.

  • Industria téxtil: foi desprazando a tradicional industria laar doméstica. Coñecíanse como "indianas" (tecidos de algodón da India). Houbo unha auténtica revolución tecnolóxica onde destaca a "Jenny", máquina de fiar de fusos. Conseguir un fío máis forte foi outro grande adianto, conseguiuse grazas á máquina de vapor, que abaratou custos. A industria artesanal coexistiu coa moderna durante anos, xa que a instalación masiva de teares mecánicos non se produciu ata 1830. Gran Bretaña produciu tecidos de algodón en maior cantidade e calidade, xa que posuía a materia prima (colonias), a tecnoloxía, man de obra e capital.

O aumento demográfico permitiu o aumento do consumo interno. Ao longo do século XIX os prezos dos tecidos foron descendendo, pero os beneficios empresariais aumentaron, o que indica o tipo de salarios misérrimos dos obreiros, incluíndo a explotación infantil.

  • Industria siderúrxica: produciuse a partir de 1860 coa demanda do ferrocarril. A industria foise concentrando preto das minas de carbón e, grazas á rede de canles, foi ben distribuída.

Condicións de vida do mundo obreiro

Traballaban nas fábricas ou nas minas, sufrindo a explotación infantil e os baixos salarios que apenas lles permitían subsistir. Foi en Gran Bretaña onde se crearon os primeiros sindicatos que loitaron por mellorar estas duras condicións.

Dende o principio, o goberno británico creou unha "atmosfera hostil, implacable e sostida" fronte a calquera organización defensiva obreira. A partir de 1830 comezouse a crear unha conciencia social. Nos centros téxtiles había temperaturas elevadas, excesiva humidade, respirábase o po do algodón e insalubridade. Como consecuencia, abundaban enfermidades como a tuberculose. As vivendas tipo dos obreiros ingleses eran: sotos, choupanas, con humidade, amoreamento, e ao que hai que engadir a mala alimentación.

O traballo infantil foi defendido polos gobernos británicos e pola igrexa anglicana. As súas xornadas eran iguais cás dos adultos, durante 12 ou 14 horas, incluídos os domingos. A partir de 1844 isto, polo menos para os menores, comezou a cambiar.

Descargar

PDF Word HTML