Revolución Gloriosa: Crise e Cambio en España
A Revolución Gloriosa: Crise e Cambio en España
Presentándose como unha nova mostra do intervencionismo militar, a Revolución Gloriosa asociouse a un proxecto civil para resolver a incapacidade do moderantismo isabelino. É un dos períodos máis axitados da historia. A época caracterízase polo intento de modernización do sistema político, defendendo o sufraxio universal masculino. Proba disto foi a primeira Constitución democrática. Neste ambiente de cambio, os atrancos foron moi numerosos: a frustración dos obreiros, a negativa dos republicanos á monarquía e as numerosas guerras.
Causas da Revolución
As causas da revolución eran claras. Papel fundamental tivo o deterioro político, sen esquecer a crise de subsistencia, financeira e industrial. Todos os españois odiaban a Isabel. Comerciantes, obreiros e campesiños formaban a gran oposición. A represión do partido moderado aumentaba, respondendo con decretazos e o peche das Cortes. Progresistas, demócratas e unionistas asinaran en 1866 o Pacto de Ostende, co obxectivo de derrocar a monarquía de Isabel. Cómpre destacar a difusión desde a periferia ata o centro dun pensamento que se dirixía á figura da raíña, así como o compromiso de todas as forzas conspiradoras de formar unha Asemblea Constituínte.
O Golpe de Estado e as súas Fases
O golpe de estado adquiriu carácter de revolución, con dúas etapas. A primeira, protagonizada por Prim, Serrano e Topete, a "revolución dos acomodados". Foi un movemento con reformas ao berro de "Viva España con honra!". Destacamos un enfrontamento: a Batalla de Alcolea. As xuntas revolucionarias tiveron un papel fundamental nesta etapa. A segunda fase comezou cun goberno controlado por Serrano e Prim. As medidas foron a reimposición da orde e os decretos democratizadores, como a supresión do imposto de consumos. Este goberno caracterizouse polas eleccións das Cortes Constituíntes, a través do sufraxio universal masculino, que crearon a Constitución de 1869.
A Constitución de 1869
Caracterizada por ter un carácter liberal demócrata, a Constitución de 1869 trouxo progresos como moitísimas liberdades, declaración de dereitos e liberdade de ensino. Ademais, contaba con separación de poderes. O lexislativo estaba controlado por unhas Cortes bicamerais. O executivo, en mans do monarca. O xudicial levou consigo o xuízo por xurado, a oposición e acción pública contra os xuíces e a independencia dos xuíces. A gran reivindicación foi o sufraxio universal masculino, xerando moitas críticas, como a de Cánovas del Castillo coa súa teoría dos selectos.
O Reinado de Amadeo de Saboia
O baleiro de poder na monarquía parlamentaria fixo que fose necesaria a busca rápida dun rei. Así, Prim elixiu a Amadeo de Saboia. A súa chegada estivo dominada pola inestabilidade e, tras a morte de Prim, rompeuse a coalición. O novo monarca quedou sen apoios e con inimigos: conservadores, carlistas, igrexa e republicanos. Tras ter que enfrontarse a dúas guerras, a carlista e a de Cuba, Amadeo de Saboia renunciou ao trono.