Historia3,15 KB
Reinado de Fernando VII (1814-1833)
Sexenio Absolutista (1814-1820)
Características
- Derrogou a Constitución de 1812 e anulou a obra reformista das Cortes de Cádiz.
- Represión dos liberais.
Problemas
- Pronunciamentos militares dos liberais.
Trienio Liberal (1820-1823)
Características
- Tras o pronunciamento de Riego, o rei viuse obrigado a aceptar a Constitución de 1812.
- Creación da Milicia Nacional.
Problemas
- O rei pide axuda á Santa Alianza, que envía un exército que acaba co Trienio Liberal.
Década Ominosa (1823-1833)
Características
- Crise económica.
- Proposta da reforma fiscal.
- Crise política.
Problemas
- Crise económica e política.
Reinado de Isabel II (1833-1868)
Rexencia de María Cristina (1833-1840)
Características
- Apóiase nos liberais moderados, pero tras o levantamento militar da Granxa entrega o poder aos progresistas.
- Abolición do Antigo Réxime.
- Nova Constitución progresista (1837).
Problemas
- Levantamentos militares.
- Revoltas populares.
- Guerras carlistas.
Rexencia de Espartero (1840-1843)
Características
- Oposición ao rexente: Espartero.
- Medidas librecambistas.
Problemas
- Carácter autoritario de Espartero.
- Oposición das industrias catalás contra as medidas librecambistas.
Década Moderada (1844-1854)
Características
- Nova Constitución moderada.
- Reorganización da administración estatal e municipal.
- Centralización dos impostos.
- Código penal.
- Sistema de instrución pública (ensino obrigatorio e gratuíto).
- Concordato coa Santa Sé (1851).
- Créase a Garda Civil.
Problemas
- Levantamento militar progresista.
Bienio Progresista (1854-1856)
Características
- Elabórase unha nova constitución que non chegou a aprobarse.
- Nova desamortización (terras comunais e dos concellos).
- Lei de ferrocarrís.
- Lei de minas.
Problemas
- Falta de apoios.
- Os sectores clave da economía estaban en mans dos estranxeiros.
Descomposición do sistema (1856-1868)
Características
- Aparece a Unión Liberal.
- Alternancia no poder dos moderados e unionistas.
- Política exterior colonialista.
- Apareceron novos grupos políticos: demócratas e republicanos.
Problemas
- Grave crise económica.
- Goberno de xeito autoritario sen contar coas Cortes.
- Partidos políticos excluídos do sistema.