Reformismo Borbónico en Galicia: Matrícula de Mar e Arsenal de Ferrol

Historia2,54 KB

O Reformismo Borbónico en Galicia: Matrícula de Mar, Arsenal de Ferrol e Apertura do Comercio Colonial

No século XVIII, o reino de Galicia mantivo a súa importancia estratéxica como baluarte marítimo avanzado na defensa do imperio colonial americano, fronte ao paso das armadas inimigas, fundamentalmente inglesas. Ante esta situación, os Borbóns e os seus gobernos interviñeron en Galicia creando novas institucións e novos servizos.

Nesta época, en Galicia xa existían institucións como a Real Correxidores, pero pouco a pouco o Real Consulado, co rei, encargábase de outros asuntos importantes. Se por sistema competente a clase de impostos. A primeira posta numerosas armadas e os seus mandos. Máis adiante, estableceuse a división das costas españolas en tres departamentos marítimos (Ferrol, Cádiz e Cartaxena) e as directrices dos comisarios de Mariña para o rexistro da xente do mar.

A Matrícula de Mar en Galicia

Ademais, a extensión do litoral de Galicia e o elevado número de xentes relacionadas con traballos do mar fixo que na segunda metade do XVIII, Galicia rexistrase a cuarta parte da matrícula humana das flotas españolas.

Galicia, pola súa situación xeoestratéxica, converteuse para os Borbóns no punto clave para o control marítimo, principalmente das frotas inglesas. A nosa costa quedou reforzada a través de castelos e baterías.

O Arsenal de Ferrol

Foi en 1726 cando Xosé Patiño, ministro de Filipe V, decidiu establecer en Ferrol a sede do Departamento marítimo do Norte. A partir de 1746, o marqués da Ensenada iniciou a construción de modernos estaleiros e arsenal que converteron a Ferrol na principal cidade galega e en obxecto de admiración para os estranxeiros. Para a formación dos mandos militares da Armada creouse, en 1776, a Academia de Gardamariñas.

Pero Ferrol comezaba a quedar pequeno, xa que a chegada masiva de xente obrigou a establecer barrios novos no Esteiro e na Magdalena para acoller aos numerosos traballadores.

Apertura do Comercio Colonial

Para finalizar, cómpre destacar que a eliminación do monopolio Cádiz-Sevilla favoreceu a Galicia, sobre todo á Coruña. En 1764, o goberno de Carlos III estableceu nesa cidade o Servizo de Correos Marítimos, encargado de levar a correspondencia ao porto da Habana e Bos Aires. A principal novidade foi que en 1765 o porto da Coruña foi autorizado para comerciar directamente con América. Ambas concesións contribuíron ao crecemento e renovación urbanística e portuaria da cidade.

Descargar

PDF Word HTML