Reformas de Filipe V: Centralismo e Unificación

Historia3,08 KB

Reforma da monarquía e centralismo político

Filipe V introduciu numerosas reformas políticas que buscaban un maior grao de centralización do poder político e a unificación lexislativa e institucional.

A Lei Sálica e a reorganización administrativa

  • O Auto Acordado: Filipe V promulgou o Auto Acordado, un decreto coñecido como a Lei Sálica, que reservaba o trono aos herdeiros varóns, desprazando as mulleres.
  • A reorganización administrativa: Tratou de incrementar o poder real con medidas como:
    • Reduciu o número de Consellos.
    • Potenciou as Secretarías de Despacho (antecedente dos Ministerios) que se encargaban dos diversos asuntos: Estado, Xustiza, Facenda… Favoreceu a potenciación do Secretario do Estado.
    • Incrementou o número e poder dos capitáns xenerais como únicos representantes territoriais do poder real, eliminando os vicerreis (excepto o de Navarra).
    • Creou os intendentes encargados, nas provincias, do mantemento dos exércitos e do fomento económico do seu territorio.
    • Iniciou a transformación dos antigos reinos de orixe medieval en novas provincias e capitanías.
    • Diminuíu o papel das Cortes, que só se reuniron para xurar os herdeiros á Coroa.

Reformas en América

En América mantivéronse os vicerreinados de Nova España e Perú e creouse o vicerreinado de Nova Granada. A Casa de Contratación foi trasladada de Sevilla a Cádiz. O sistema de frotas e galeóns dos Habsburgo foi substituído polo sistema de navíos soltos ou navíos de rexistro. Creáronse compañías comerciais privilexiadas autorizadas a comerciar nunha determinada zona, a Real Compañía Guipuscoana para comerciar con Caracas; ou a Real Compañía De Galicia para comerciar coa provincia de Campeche no Iucatán.

A abolición dos privilexios forais

A abolición dos privilexios forais dos reinos da Coroa de Aragón. Considerados rebeldes, perderon a súa autonomía política e institucional. Filipe V, apoiado na forza militar, aboliu os privilexios de Aragón e Valencia, Mallorca e Cataluña, impoñendo as leis de Castela. Así mesmo, as súas institucións políticas particulares foron suprimidas e substituídas por unhas novas. Os seus reinos foron transformados -Decretos de Nova Planta- en provincias gobernadas en nome do rei por un capitán xeneral. As aduanas interiores foron suprimidas e os seus tribunais xudiciais foron modificados mediante a creación de Audiencias en Zaragoza, Valencia, Mallorca e Barcelona a imitación das de Castela. Ademais, o castelán substituíu ao catalán como lingua na Administración.

Navarra e as provincias vascas mantiveron os seus privilexios forais e os seus réximes especiais (provincias exentas). Moitas terras e homes seguiron baixo a autoridade e a xurisdición de señores particulares e a complexidade e irracionalidade administrativa seguiu sendo moi forte. Todas estas medidas uniformizadoras permiten falar da existencia dun centralismo borbónico.

Descargar

PDF Word HTML