O Proceso Científico e a Obxectividade na Ciencia

Filosofía e ética2,48 KB

O Proceso Científico

Na ciencia hai un progreso na procura da verdade. Podemos encontrar unhas teses que se manteñen, mentres outras son corrixidas e melloradas. Coa obra de Thomas S. Kuhn, cuestionouse o progreso científico, a partir da súa análise da historia da ciencia e a súa concepción dos paradigmas científicos. Segundo Kuhn, podemos distinguir diferentes fases: por un lado, momentos revolucionarios, seguidos de longos períodos nos que está a ciencia normal, incluíndo un paradigma científico que tenta resolver os problemas.

Na ciencia normal, todas as teorías ou eran ignoradas ou querían salvarse. Todo isto fixo que se producise unha acumulación de anomalías co que se abriu paso á revolución científica. Kuhn di que os paradigmas teñen fe e irracionalidade, e son inconmensurables. As teses de Kuhn suporán un punto de inflexión na filosofía; a súa opinión será rexeitada por Imre Lakatos, que propón facer un falsacionismo sofisticado, xa que as teorías científicas están en relación e teñen dependencia.

Lakatos cualifica de falsacionismo inxenuo a visión popperiana, e acláranos que as teorías están formadas por programas de investigación científica que teñen un núcleo firme, que consiste no conxunto de proposicións que se dan por válidas e non se cuestionan.

O Problema da Obxectividade

Solemamente, relacionamos o coñecemento científico coa condición de ser un coñecemento obxectivo. O estudo da historia da ciencia e as reflexións dalgúns filósofos tamén foron cuestionando a obxectividade da mesma. Steve Woolgar di que a ciencia non é unha actividade humana; non se trata de que a ciencia se vexa influída polo seu contexto histórico, senón que isto vai moito máis alá.

O Cientifismo Inxenuo

A ciencia é un tipo de saber obxectivo e moralmente neutro que vai descubrindo cada vez máis verdades sobre a realidade grazas a que aplica un método riguroso e eficaz que lle promete demostrar todo o que afirma. Popper di que é imposible verificar ningunha teoría científica. Kuhn resaltaba que cada paradigma científico ofrece unha determinada interpretación da realidade.

Lakatos recolle que os programas de investigación protexen o seu núcleo firme. Woolgar alerta sobre as interaccións entre poder económico e actividade científica. Feyerabend defende que non existe realmente un único método científico; hai moi diversos métodos. Feyerabend alude a un anarquismo epistemolóxico.

Descargar

PDF Word HTML